A Galiña de Mos estará en Xantar 2015

A Galiña de Mos participará na 16ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 4 ao 8 de febreiro de 2015 no recinto Feiral Expourense, (Finca Sevilla s/n -32005-Ourense) estando representada en diversas actividades. A Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga contará cun stand onde ofreceremos información sobre a raza e os seus produtos.
Tamén o venres día 6, ás 18:00h, na Aula Cuevas, haberá un Obradoiro Gastronómico, “Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción” e maridaxe con viño da Ribeira Sacra Ponte da Boga. O Obradoiro será impartido polo Chef Carlos Parra (do restaurante Hotel Castillo de Maceda), organiza Boaga e colabora a Adega Ponte da Boga.
Nesta demostración haberá degustación de ovos e de Galiña de Mos. Máis información