Outro super ovo dunha Galiña de Mos mos atopamos hoxe. Na granxa de Socorro Mallón, en Santa Comba, apareceu un ovo de gran tamaño. Este ovo pesou 139 gr. o que é o de maior tamaño que temos atopado ata o momento, superando en 5 gramos ao que se atopara fai uns anos noutra granxa e do que xa faláramos no seguinte enlace.
En ocasións as nosas galiñas, principalmente nas fases de inicio da posta, poñen ovos de moito máis tamaño, xa que se forman a partir da unión de varias xemas. Co paso dos días o ciclo da galiña vaise regulando e os ovos, adquiren o seu tamaño normal.
Na imaxe vemos a comparación deste ovo cun de tamaño normal. (Pobre galiña, o que lle debeu costar expulsalo)