A raza Galiña de Mos estivo presente no Fórum Gastronómico en diversas actividades

Entre o 23 e o 25 de febreiro celebrouse na cidade da Coruña, o Fórum Gastronómico, evento onde se dan cita os mellores chefs nacionais e moitos dos internacionais.

Nestes tres días houbo varias actividades onde participaron os produtos da nosa raza.


O criador David Sueiro, coa súa marca Galo Celta e a cooperativa Vicogalo, estivo no stand das cooperativas agrarias galegas ofrecendo información sobre os seus produtos e sobre a raza, onde se venderon tamén os peluches da Galiña de Mos.
O Presidente de Avimós, Francisco Monasterio e o Director Técnico, Diego Rois, con David Sueiro, da marca Galo Celta.

Tamén Rocío Garrido presentou o libro Cociñando coas Razas Autóctonas, onde aparecen receitas co galo da nosa raza.

O cociñeiro Flavio Morganti, ofreceu unha degustación de produtos cedidos polas cooperativas agrarias galegas. Un deses pratos foi Galo de curral da raza Mos macerado en Mencía e espumoso de pataca.

Finalmente o gran cociñeiro cunha estrela michelín Javier Olleros, de Culler de Pau, gran defensor da Galiña de Mos deu un taller maxistral no Fórum Gastronómico, sendo un dos platos Pularda de raza Mos con remolacha. As aves eran da granxa Castro de Madrosende. Nos seguinte blog, pódese ver información sobre a elaboración do plato e a opinión do cociñeiro.
Javier Olleros co criador de Castro de Madrosende, Nicolás Castro, o Presidente de Avimós e o Director Técnico da raza