Temos que enseñar ao consumidor o noso sistema de produción

O sistema de produción de avicultura artesanal que estamos a desenvolver coa Galiña de Mos, implica que as nosas galiñas pasen a maior parte das horas do día ao aire libre, sendo criadas fóra de métodos industriais, con poucos exemplares. Este sistema de produción non é comparable ao sistema industrial, onde as aves se crían en grandes naves, con moitos exemplares e prácticas industriais diversas para forzar a maior produción (luz artificial, miles de galiñas xuntas, etc.).
Moitos destes produtos avícolas, en moitas ocasións son etiquetados como "de corral" ou "campeiros", baixo unha etiqueta que simboliza galiñas que se crían ao aire libre, cando isto non sucede.

Os consumidores cada día comezan a estar máis informados e reclaman das administracións inspeccións contundentes para evitar estos fraudes. Así nos pasados días unha asociación denunciou o fraude de polos industriais que son vendidos como de corral. Algo similar sucede coas galiñas "campeiras", xa que en moitas ocasións se están a vender ovos etiquetados como campeiros no que as galiñas practicamente non saen fóra. Así algunhas administracións están intensificando os controis
Desde a nosa organización seguiremos alertando ás administracións sobre o control das prácticas fraudulentas. 
Mentras tanto, é moi importante que lle enseñemos aos consumidores, os nosos potenciais clientes, o sistema de cría que temos nas nosas granxas e, que posteriormente vaian a ver o sistema de cría das granxas industriais. Calquera pode apreciar a diferenza.