Moitos contactos comerciais e institucionais na Semana Verde


Con motivo da Semana Verde fixéronnse moitos contactos comerciais, tanto a nivel de comercializadores de produtos cárnicos coma de interesados en adquirir animais vivos.

Tamén estivemos moi activos coa prensa, xa que os medios de comunicación estiveron moi interesados nas actividades que se fixeron coa Galiña de Mos e o futuro da raza.




 A nivel institucional tamén foron intensas as explicacións sobre a raza. É importante que as autoridades comprendan a problemática que teñen as producións artesanais, xa que as normativas existentes unicamente favorecen ao produto industrial. De aí que sexa necesario a comprensión de determinadas producións, para elaborar normativas axeitadas a este tipo de sistemas produtivos.
  Ao longo dos próximos meses incidiremos na importancia da consecución de normas que faciliten a comercialización en circuitos curtos de comercialización, coma as existentes no resto da Unión Europea.
 En especial as autoridades que atenderon as nosas explicacións foron o Vicepresidente da Xunta de Galicia, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, os Directores Xerais de Desenvolvemento Rural e de Produción Agropecuaria e a Alcaldesa de Silleda.