![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEik3yrWcD29Z8AIsHrj1f8OcvRMuVIW43FL3GHDtuSr6MaBfKSKA6px7sEk1_YJaEtzn4a1TTq_GLCfVYQ-M9mspfL07ohcTtKbA7gqE6P2CYA8OH9B4jqwnNk48dZGwKD5fV4F/s200/P6140488.JPG)
Desde a Federación de razas autóctonas de Galicia - BOAGA, en colaboración coas asociacións de criadores, elaborouse un menú degustación por 5 euros onde un dos platos, era
"Galo de raza Mos en dúas coccións con filloa de guiso das súas aliñas e torto de millo", preparado pola Escola de Hostalería de Vilamarín. Acompañouse de preparacións coa carne das nosas razas bovinas autóctonas, de Ovella Galega e de Porco Celta. Foi unha boa ocasión para achegar os produtos das nosas razas ao consumidor.