No colexio Dolores Ramos de Santiago de Compostela naceron poliños.
Alumnos deseñaron unha incubadora.
Boa acollida das Xornadas Gastronómicas no Forno de Tovar.
Debido ao éxito que tiveron as Xornadas Gastronómicas que realizou o restaurante Forno de Tovar, en Lourenzá (Lugo), ampliáronse durante dez días máis, ata mediados de xuño. As aves procedían da granxa Chousa do Lea.
Congreso gastronómico cultural
No PAI Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.
No Punto de Atención Infantil do Concello de Valdoviño, naceron poliños da nosa raza. O día de nacemento os cativos estaban impacientes e desfrutaron moito coa experiencia. Posteriormente eles mesmos serán os encargadas de coidar dos poliños e vixiar o seu crecemento.
A experiencia tivo repercusión na prensa, coma o artigo recollido en La Voz de Galicia
Novas Xornadas Gastronómicas
Reportaxe sobre a nosa raza.
Pódese ver
aquí
Un curso de formación visitou unha granxa de Galiña de Mos.
As Xornadas abertas organizadas polo Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, contou coa visita a unha granxa de Galiña de Mos, a de Francisco Monasterio, en Vilalba. Alí durante 90 minutos establecimos cos visitantes, unha conversa sobre a nosa raza e métodos de manexo na avicultura artesanal. Tivo repercusión a experiencia no xornal El Progreso
Arrancan de novo as incubacións nos colexios.
A Feira Semana Verde de Galicia trasládase a setembro.
Asistimos a un encontro coa Deputación de Lugo.
Vídeo da Deputación de Lugo sobre as nosas razas autóctonas.
Galo de Mos con mel.
O Programa da Televisión de Galicia "Quen anda aí?" do 11 de marzo, contou coa presenza do cociñeiro André Arzúa, que cociñou unhas peitugas de Galo da nosa raza con Mel de Galicia. O galo foi proporcionado por granxa Pitagudín, de Vila de Cruces. Pódese ver a partir do minuto 33.20 no seguinte enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-246-4865038?t=2800
20 aniversario de Avimós.
Parabéns a todos os que nalgún momento formamos parte desta gran familia.
Na seguinte enlace, pódese ver unha reportaxe do xornal El Progreso de Lugo, sobre a nosa asociación. Pulsar aquí
Gravación dun vídeo da Deputación de Lugo.
O ovo unha fonte de antioxidantes.
No seguinte artigo pódese ler máis sobre estes compostos e outros que tamén teñen os ovos.
Videoconferencia sobre a normativa de autorización do sacrificio na explotación de aves.
O pasado 10 de decembro saíu publicada no Boletín Oficial do Estado, unha normativa que levábamos agardando moito tempo, relacionada con permitir o sacrificio de aves na propia explotación EN DETERMINADAS CONDICIÓNS e para a venda local. Descargar normativa
Existen unha serie
de requisitos para a futura autorización dos locais onde se vaia a producir
este sacrificio, para aqueles que o soliciten.
A nosa idea é a de
ir coordinando nos próximos días con Sanidade, a elaboración do procedemento, para os criadores de
Galiña de Mos interesados.
O pasado mércores 30 de decembro, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, invitou a todos os interesados a unha sesión por videoconferencia dividida en dúas partes, con especial interés na segunda charla, impartida por D. José Luís Factor Rodríguez, Xefe dos servizos veterinarios de saúde pública da zona de Lalín, da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, que falou sobre aspectos da normativa que se acaba de aprobar.
No seguinte enlace pódese ver o vídeo da videoconferencia. JOSÉ LUIS FACTOR 30 12 2020 ACVG - YouTube










































