No Ceip O Couto - Greco naceron poliños.

Emocionante xornada a do pasado 22 de marzo no CEIP O Couto, edificio Greco, en Ourense, onde naceron 12 poliños da nosa raza. Os alumnos asistiron ás explicacións sobre avicultura, estando presentes un galo e unha Galiña de Mos.