Resultados do Campionato Galego da Raza Galiña de Mos

Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 26 criadores nos diferentes concursos e destacando a alta calidade xenética dos galos e galiñas participantes, os resultados foron os seguintes:
O cuarto Campionato Galego da raza Galiña de Mos, celebrado con motivo da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, desenvolveuse en varias categorías. Os resultados do X Concurso Monográfico da raza Galiña de Mos foron os seguintes:
Na categoría de galos: 1º PREMIO: galo pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
2º PREMIO: galo pertencente a Javier Riqueza Lois de Pontevedra.
3º PREMIO: galo pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.



Na categoría de galiñas: 
1º PREMIO: galiña pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
2º PREMIO: galiña pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
3º PREMIO: galiña pertencente a María José Castro Abonjo de Vila de Cruces. Pontevedra.


No Concurso por lotes:
1º PREMIO: lote pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
2ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
3º PREMIO: lote pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín Pontevedra.

No Concurso a Galiña e os seus poliños,  os gañadores decidíronse por votación popular de todos os asistentes a feira que quixeron emitir o seu voto.
Os resultados foron os seguintes:
1º Premio: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 242 puntos.
2º Premio: lote de galiña e poliños de Cruz Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña con 183 puntos.
3º Premio: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 147 puntos.


A gañadora do sorteo entre todos os participantes na votación popular do Concurso a Galiña e os Poliños, cun lote de produtos da nosa raza foi Dolores Vázquez García, de Palas de Rei, Lugo.