Moitos contactos en Salimat.

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, expuxeron producto da raza os criadores José Zapata, da granxa Chousa do Lea; Víctor Fontán, da Granxa de Lola; María José Castro, de Castro de Madrosende; Francisco Monasterio, da granxa Aves do Concello; Sandra López; da Granxa DManán, e os criadores de Galiña de Mos e Cachena Ramón Vázquez, Gandería Tras do Río e Cachenas de San Breixo. 
Realizaron moitos contactos comerciais para a venda de produto.
Tamén con motivo das degustacións de razas autóctonas ofrecidas en Tapirazas, os produtos da nosa raza gustaron aos máis de 1.000 comensais existentes no restaurante durante os catro días de feira.