A principios do mes de xuño naceron no colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, varios poliños da raza Galiña de Mos. Durante 21 días incubáronse ovos, podendo seguir os alumnos a evolución xa que a incubadora estivo situada na biblioteca. O día do nacemento foi un gran acontecemento que podemos ver cun vídeo no blogue do colexió no seguinte enlace.
A Galiña de Mos estivo no Arde Lucus.
Na Festa Arde Lucus celebrada en Lugo fai uns días, o campamento castrexo dos Mercenarios Galaicos contou coa presenza da Galiña de Mos. Un lote de exemplares cedido polo criador Francisco Monasterio participou na representación do poboado celta que representaba os costumes daqueles tempos.
IX Monográfico da raza Galiña de Mos
No IX Concurso Monográfico da raza Galiña de Mos os resultados foron os seguintes:
Categoría de Galos
1º premio: Galo propiedade de Javier Riqueza Lois (Pontevedra)
2º premio: Galo propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)
3º premio: Galo propiedade de Cruz Lucía Grille Negreira (Tordoia, A Coruña)
Categoría de Galiñas
1º premio: Galiña propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá, Lugo)
2º premio: Galiña propiedade de Augusto Fontán García (Pontevedra)
3º premio: Galiña propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)
Os exemplares foron valorados polos xuíces da raza Diego Rois Losada e Juan Insua Louro.
Resultados do V Concurso por lotes de Galiña de Mos.
Os resultados foron os seguintes:
1º premio: Lote propiedade de Mariña Grille
Negreira (Val do Dubra, A Coruña)
2º premio: Lote propiedade de Javier Álvarez Cela
(Becerreá, Lugo)
3º premio: Lote propiedade de Alejandro Collazo
Casal (Mos, Pontevedra)
Os lotes foron valorados por D. Castor Rivero Martinez, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
II Concurso a Galiña de Mos e os seus poliños.
Resultou afortunado Carlos Paz Fernández, de Narón, ao que se lle fixo chegar o seu agasallo.
Os premiados foron:
1º premio: Lote propiedade de Luis Fernández
Fernández (Riotorto, Lugo), con 112 puntos
2º premio: Lote propiedade de Mari Luz Gómez
Fernández (Ordes, A Coruña), con 99 puntos
3º premio: Lote propiedade de Mariña Grille
Negreira (Val do Dubra, Coruña), con 82 puntos
A Conselleira do Medio Rural visitou o concurso.
Gran promoción dos produtos da Galiña de Mos en Salimat
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgyYmPLFO83iN1_V_UHwrrYCJxINzbB94WUOS2HiYUD0Aw4QLP5EzihAYldS96Ah2ievPBy9R_3ZxLozlPwailw8oZZ9s5p5AiH9daSg0oh23W6gi3IMZGQQBzEOG1TTZRNiaYX/s200/13418843_10201609649399665_7281911763617362542_n.jpg)
-Aves do Concello.
-Chousa do Lea.
-Castro de Madrosende.
-Cooperativa Crugalo.
-Galo Celta.
-Granxa Cachenas de San Breixo.
-Gandería Tras do Río.
-A Granxa de Lola.
-Ramón Vázquez.
Noraboa a todos.
Os produtos da Galiña de Mos estiveron presentes en Tapirazas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjm7b2ztV4YzKGefnJ2m0a6LhlkkQAg0tvkf3emZcQ91J87Y_HoT98RReYfrU499dR_lxIvuptClGG-BVwnJgpgC6HTma80v6PKwjYWBwl2uqjECrj8RyU_rFaewMRlU5GnO12Y/s200/IMG_20160612_142758.jpg)
Pularda de raza Mos estufada.
Ovos rotos de Galiña de Mos con patacas e labras de chacina.
Galo Mos asado en tarteira
Espectacular éxito da Galiña de Mos na feira Semana Verde 2016.
3º Campionato Galego da raza Galiña de Mos.
![](http://www.semanaverde.es/2016/images/cartel_semana_verde_2016.jpg)
Este certame estará dividido nos seguintes concursos:
-IX
CONCURSO MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Na súa novena edición, o monográfico da raza valorará aos melores exemplares individualmente.
-5ª
EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2016.
En lotes de tres galiñas e un galo, os mellores lotes de exemplares concursarán no campionato
-2º CONCURSO
A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS.
Unha ducia de galiñas con poliños incubados por elas mesmas e nados nestes días, serán valoradas polo público, observando o lote de poliños coa súa nai, ademáis do deseño dos galiñeiros.
Entre o público participante sortearase un lote de produtos da raza.
-No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo
adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda
de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de
Galicia-BOAGA. Participarán varios produtores de Galiña de Mos coas súas propias marcas comerciais
-DEGUSTACIÓN NO RESTAURANTE TAPIRAZAS: Durante os catro días da feira haberá degustación de razas autóctonas a prezos populares, participando varios dos produtos da Galiña de Mos.
-Mercado de Aves Vivas: catro criadores ofertarán poliños de diferentes idades en venda para todo o público que desexe obter exemplares vivos da raza para levar aos seus galiñeiros.
ESPERÁMOSVOS A TODOS.
Criadores de Galiña de Mos visitaron o Pazo de Fontefiz
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEia7_pLgmEsImS0GpBplveBPJf8LrlLwQWRGsjtUn4IRQeNNaWwyHsUz09m4XmWaGAukR-04mGHEvjV54mjqxmufh5h3GGWLazkGWxXkHBIWrrPe5QVUKJB5qCDXWGkzOoq9N1-/s200/IMG_20160527_120747.jpg)
A Galiña de Mos protagonista no xornal “A Peneira”
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEib55-fGU8I2lT_qmBL9XhOHtdvyaFVi5SgeQnL2ma6dtiCaBGRS60A5I0rbgBN8LR0uSBgEfR9Iq-RTLTs5ixjrkkYLH0cOqyICs1gWO9CuLJrGiYMrCBx_PdSgF8FgrrfkN1H/s200/A+peneira.png)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)