![](http://www.boaga.es/media/images/MjAweC0tMS0wLXVwbG9hZHMvOS9uZXdzL3hhbnRhci0yMDE0LTIucG5n.png)
A Galiña de Mos participará na 15ª edición do
Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro de 2014 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense) estando representada en diversas actividades.
A Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga contará cun stand onde ofreceremos información sobre a raza e os seus produtos.
Tamén o sábado día 8 ás 14 horas, o cociñeiro Flavio Morganti, impartirá un showcooking de razas autóctonas onde elaborará un prato con Pularda de raza Mos.
O venres ás 14 horas, a Escola de Hostelería de Vilamarín, fará unha tosta de Galo Mos proporcionado pola granxa Galo Celta, da cooperativa Vicogalo.
O Concello de Vila de Cruces disporá dun restaurante onde un dos seus menús, será a partir de empanada de Galiña de Mos e arroz con Galo de Curral.
Uns días para disfrutar da nosa gastronomía.