A Galiña de Mos en Xantar 2014

O 15º Salón Internacional do Turismo, celebrado en Ourense dos días 5 ao 9 de febreiro, contou coa presencia de produtos da Galiña de Mos e con abundante información sobre a raza.
A Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, dispuxo dun stand con información sobre razas autóctonas galegas onde se atendeu aos interesados e se venderon os novos peluches da Galiña de Mos, da Ovella Galega e o libro "Cociñando coas razas autóctonas".

Tamén se poderon observar e degustar os produtos da raza a través de varias actividades. 
Houbo un showcooking de razas autóctonas impartido polo cociñeiro Flavio Morganti, onde se cociñou Pularda de raza Mos que gustou moito. O cociñeiro preparouna asada a baixa temperatura (65 grados) dándolle ao final un golpe de sartén. Tamén se probou un consomé de Pularda de raza Mos.
En canto ao resto de produtos, tivo unha destacada presenza a marca "Galo Celta", do criador David Sueiro que con Vicogalo, participou no stand do Consello Galego de Cooperativas.
Fixo unha presentación do galo despiezado e ovos da raza de produción artesanal, establecendo moitos contactos con importantes hosteleiros de toda España. 
 As autoridades mostráronse moi interesadas nas marcas comerciais que lanzan ao mercado produtos da raza. Na imaxe a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, atendendo ás explicacións de David Sueiro.
 As cooperativas agrarias fixeron unha degustación na que participou Vicogalo, proporcionando galos da raza baixo a marca "Galo Celta", que se serviron sobre tartaleta con nata e mermelada de fresa.

Finalmente o Concello de Vila de Cruces tivo un restaurante, no que se servíu nun dos menús, empanada de Galiña de Mos e arroz con Galo de Curral.