![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEinhaO6Iu2n_NP8gJePLGLQA_uiaErLebGsh7oCnZFffx8IQ_JSu2dUO_75_62dfcJOr3o_lKewWK3Qok2rrZESo86m1CNt55IRnshbfJzOX_LNbsclqlnp_bwqwkVcOGYHwi2b/s200/_DSC9309+(Copiar).JPG)
Con motivo da inauguración das
IV Xornadas Gastronómicas da Tenreira Cachena no Eume, A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume, invitounos a impartir unha charla informativa sobre a Galiña de Mos, na que se informou dos avances conseguidos coa raza, das súas características morfolóxicas e especialmente dos seus especiais caracteres cárnicos. A apreciación dos consumidores e os estudos de investigación, están a demostrar o diferentes que son os produtos da raza autóctona en comparación aos polos industriais.
Debido á gran aceptación que están a ter as carnes da raza e apostando polos produtos autóctonos, os restaurantes da zona mostráronse moi interesados na introdución dos produtos da Galiña de Mos nos seus menús.
A xornada desenvolveuse no Centro de Interpretación das Fragas do Eume, o venres 13 de abril.