Rexistro galego de explotacións avícolas artesanais.

A Consellería do Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se establecen as normas zootécnicas e sanitarias das producións avícolas artesanais e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais.
Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS esta era unha reivindicación histórica cara as administracións, xa que actualmente a legalización das pequenas granxas de produtores era case inviable, imposibilitando a comercialización das producións, debido a que en España a única normativa existente era referida á avicultura industrial, que impón uns requisitos imposibles de cumprir polos pequenos produtores.
AVIMÓS estableceu unha vía de colaboración activa coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste marco normativo, cuns requisitos sanitarios e de instalacións sensatos e asumibles polos pequenos produtores, que facilitará a consolidación da Galiña de Mos e o desenvolvemento da economía que rodea á nosa produción. Estamos de noraboa.
Nas próximas datas informaremos a todos os criadores interesados o procedemento a seguir e os servizos que desde AVIMOS ofreceremos.
Pódese consultar a normativa aquí