A raza Mos na noite dos museos.

Con motivo da celebración do día Internacional dos museos, celebrouse o pasado 14 de maio a Noite dos museos. Os colectivos lugdunum e caetra lucensium organizaron no fermoso castro de Viladonga, situado no concello de Castro de Rei, Lugo, unha xornada de recreación histórica sobre a vida dos poboadores celtas no castro, incluíndo a chegada dos lexionarios romanos ao castro.
Alí estiveron tamén as nosas Galiñas de Mos, recreando sen dúbida o ambente onde estiveron fai case dous séculos os antepasados da nosa raza.
Deixámosvos un vídeo enviado por lugdunum da xornada.