A Galiña de Mos na feira de San Isidro de Sarria

Os días 7 e 8 de maio celebrouse en Sarria, Lugo, unha nova edición da feira de San Isidro. Organizada como en anteriores ocasións pola asociación de gandeiros A Cabana, contou con poxas de Frisona e de Rubia Galega, participando na mostra gandeira, ademáis da Ovella Galega un lote de Galiña de Mos, presentado polo criador de Riotorto, Luis Fernández.