María Luz Gómez Fernández, de la Granxa o Castiñeiro, é unha emprendedora, gandeira de primeira xeración, que ten a súa explotación dividida entre os concellos de Ordes e Frades,na provincia da Coruña e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar en O Piñeiro, Ordes onde cría Galiña de Mos, actividade coa que comezou e que leva desenvolvendo desde fai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de 70 galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e a través da incubación de ovos na propia granxa, fai a súa propia recría e, asimesmo, vende polos para novas granxas de Galiña de Mos. Tamén lle gustaron sempre as vacas Cachenas, polo que teñen na localidade de Brañas, Frades, un rebaño destas reses que oscila entre os trinta e medio centenar de exemplares. Como a maior parte das mulleres do rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros.
Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. PARABÉNS!!!