![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgUEGswSD6D9oCqtiozPOA_Jckdj3ewrRDrO-D_o6057Fd5DlLQSu7KegMm4St1FFwitJa39furYAhqolL4-Ddeuwb_uJqpvumXV9OWeO_VFWpvNQvCgAZIaki8wEAgNAkzWAAf/s200/20180813_125241.jpg)
Un ano máis colaboramos coa Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo na promoción dos produtos de calidade galegos, durante a "Vuelta Ciclista a España". O luns 13 de agosto asistimos á presentación na oficina de turismo de Lugo. Alí víuse como os produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega estarán presentes nas etapas de toda España.