A Galiña de Mos estará en Piloño.

O vindeiro domingo 19 de agosto a Galiña de Mos estará na Feira do 21, en Piloño, Vila de Cruces. Os criadores de Castelo de Alcobre, José Ramón Cillero e Castro de Madrosende, asistirán cun posto con exemplares da nosa raza e moita información das súas granxas e de Avimós.
Animámosvos a todos a visitalos.