Con esta felicitación de Nadal feita por un neno do colexio Menendez Pelayo de Lugo, querémosvos desexar un Bo Nadal e un Feliz Aninovo a todos. Que o vindeiro ano esté cheo de éxitos.
Dous criadores da raza presentaron capóns na feira de Vilalba.
No colexio Menéndez Pelayo de Lugo aparece a Galiña de Mos nas postais.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhj_KfGWW3Go5bCxGNYbypzG7ksx7oI93ltI67cAIG1X9-jWKDc8iP1oY9eO2v5ALfNGwvaM8_VtASiYmFUABCXaVegMZuklvp6ToAcT3AetN51TbnZUt8N76wK9R9xuHgaY0TB/s200/IMG_20161213_170344.jpg)
A Galiña de Mos estivo en Cerdido
O pasado día 6 de decembro celebrouse a Feira da Barqueira, no concello de Cerdido, provincia da Coruña. Alí estivo un galo e unha galiña da nosa raza, xunto con información do resto de razas autóctonas.
A Galiña de Mos estivo na feira de San Martiño.
A Feira de San Martiño, celebrada no lugar de Francos, no concello de Teo, o pasado 11 cde novembro, contou coa participación de Refael Carbajales Bouzón, criador da raza da granxa Eo dos Menecos. Repartíuse información da súa granxa e da nosa raza.
Outro éxito da Expo-Degustación da Galiña de Mos
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgjJHEwsvUyDqROL32-BWRz-DEVZYpzjcpmp_y7Lg2nguOROPbpSn9sw8zphwZIlR5H-vw0enrcLaHGSyDn77gZ6iQ-Z8dQiUr5UmBK5SdvaEC2wHrlqUSH8VKeKqpNJg6YQT_w/s200/IMG_20161030_112631.jpg)
Unha marca comercial de Galiña de Mos asesorada pola Deputación de Lugo.
A Deputación Provincial de Lugo está a ofrecer asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter
empresas no IV edición do Campus de Emprendemento Sostible. Este é un plan de fomento do emprego a
través do que o organismo provincial ofrece a emprendedores formación, asesoramento
individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresarias consolidadas con
visitas ás mesmas co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os
existentes, facéndoos máis competitivos e, polo tanto, incrementando os seus
beneficios. A empresa do criador Alberto Fernández Fraga, de Galimós, en Outeiro de Rei, Lugo, recibíu asesoramento de caracter administrativo e de comercializacion, a través da anterior edición deste campus.
Expo-Degustación da Galiña de Mos
Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos (ao carón da Iglesia). Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para 1.000 comensais. Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.
Xornada Técnica sobre Prevención de riscos laborais en granxa avícolas.
O próximo 25 de outubro o Instituto
Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza en Lugo, dentro da súa programación formativa para o ano 2016, unha xornada tecnica de prevención de riscos laborais en todo tipo de granxas avícolas. Aqueles que estén interesados en asistir poden obter máis información no seguinte enlace: enlace á información da xornada.
Éxito da Galiña de Mos na feira Expolugo.
A nosa raza foi unha das grandes protagonistas na feira Expolugo que se celebrou os días 8 e 9 de outubro e contou con varias actividades.
A Galiña de Mos estará na feira EXPOLUGO
Os días 8 e 9 de outubro celebrarase outra edición da feira EXPOLUGO A Rural, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto
Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
Organízanse varias actividades nas que participa a Galiña de Mos.
Celebrarase o IV Concurso-Exposición Monográfico Provincial da raza Galiña de Mos.
Tamén haberá un Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, o desfile de gando polas rúas do centro de Lugo e Degustacións gratuítas de carne de razas autóctonas, o sábado 8 a partir das 14:00 horas e o domingo 9 a
partir das 13:00 horas.
O horario de apertura ao público será de 12 da mañá a
9 da noite ininterrompidamente os dous días.
A Galiña de Mos estivo en Muras
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgx8_udVvhxSHnkYOqN3zDJ2TgtHSzoOAUq5OwSMciF73kxbX6O_VLWGmvFRRrnP9fI77LFwkAOpt6KnDMRntpi8FQuxD_qJkrymQaZkKLewA9GASSJ7kxHLLD5Vod9EHR_q-6n/s200/IMG-20160925-WA0001.jpg)
Presentados estudos sobre a Galiña de Mos nun congreso Internacional.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWr1Kmj1XYZRxefGzgrpA1ibjfEEYlw1gNWiOoofd7WpkUhUbcsVU2i-PVxh3iQuTqygS8jfLyGgJtk_e4OK84O9sOI8gUe3RcjbEbr_7AoK26usPas2noCUCNxc8wXHNw6DwI/s200/IMG_20160915_190443.jpg)
A Galiña de Mos estivo en Coristanco
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhuWETTItnfk2Qx41R4lL6CkgpALM-YJeqz35upj6pkYtP5BJL8X43In7FVyGyB8w2Ii31Z4CqYMAPZjN3Z67ir9rJWKbHBmb9ydWPEtAaSD87nML9tz3KXpQekcsch46-An9fX/s200/IMG_20160918_120710.jpg)
En Ponteareas estivo a Galiña de Mos.
A X Feira dos Remedios que se celebrou en Ponteareas o sábado 10 de setembro contou coa Galiña de Mos, xa que os criadores Álvaro Rodríguez e Alejandro Collazo, presentaron aves vivas e repartiron abundante información sobre a nosa raza.
A Galiña de Mos de campamento en Bule Bule.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiD3nWT4zOouIN8fYxgjV0Tt8GgxjccWgSL6x052rcvz0EnozHjE2x7E0clQu3Vs81rEopJWitGfLIdAYusI57Qh6ZE9Mb8ANQ8m9sW01gkia-jeLID9lQIoIyf2F7NvHqmAYvg/s200/IMG-20160829-WA0004.jpg)
A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgXLorx-qb90KoM0tnAywLB3A1VAtFG1Lw5-kzOgOy5Rpgv21CuRE5_g4KCozxA9JWdTuCh_8Vbxxl8fXI7FS3xSO8PtBsDvisON0WPOaB3XLgfiYQ8dvp8xS-Grvxvn2NtYQ5R/s200/IMG_20160824_131023.jpg)
A Galiña de Mos en Zas
En Fornelos, no concello de Zas, celebrouse o 20 de agosto unha Ecomercado na que participou o criador Gervasio Mouro, que presentou varios lotes de exemplares, repartíndose información sobre a nosa raza.
A Galiña de Mos estivo na Golada
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQsF5TIM5BXhHoHpS5HMbCnHquGdpmwEeSr7X8GX1fK_9UyS_-lXNlPEqldfLnztK42i_MjJBNEl6LBRAiPRVB9wY5FhZUI73t9XyhnS-s0NACPz_i93Ky6UYc6RmE41rwD_Js/s200/IMG_20160710_162148.jpg)
Vídeo promocional da Galiña de Mos
Hoxe vos queremos presentar o novo vídeo promocional da nosa raza. Simboliza o que é a Galiña de Mos e as súas producións. Esperamos que vos guste.
Pulsar aquí.
Si queredes ver outros vídeos sobre as nosas razas autóctonas aquí. http://videos.boaga.es/
Pulsar aquí.
Si queredes ver outros vídeos sobre as nosas razas autóctonas aquí. http://videos.boaga.es/
Revista Autóctonas Galegas número 9
Xa se pode ver online o número 9 da revista Autóctonas Galegas. Pulsando na imaxe inferior podémola ver. Tamén no menú lateral dereito creamos un enlace permanente.
A Galiña de Mos estivo na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgTwSvviNPoQ0DcjJztsHTpIQHC_i690a76cfve6kxrTxApnWB1BBYWaZvnALb2-BnjvC8ibAG13TjephVkci3FI8q2r3DVSm6j9biWhq4unU1RLOcq8Y4gAexYkzEvuI78DqvC/s200/IMG_20160702_131234.jpg)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)