O próximo mes de marzo ven cheo de actividades de promoción da nosa raza e de oportunidades para degustar as súas carnes. Pronto vos informaremos.
Para rematar o mes de febreiro o restaurante
O Pazo de Lugo en Madrid organiza o xoves 21 unha
cena-cata na que o Galo da raza Mos forma parte do menú principal.
Tamén o
Restaurante Silabario en Tui, segue a ofrecernos no seu menú un estupendo prato do
Galo Mos estofado a fogo lento, rebozuelos escabechados e nabo glaseado. Ademáis este restaurante farán o 7 de marzo unhas maridaxes, entre os que destaca a combinación con
croqueta de Galo Mos con maíz e trigo.
Tamén o sábado día 22 de febreiro en Bertamiráns, concello de Ames, ao carón de Santiago de Compostela, a granxa
Sabores de Santiso organiza unha degustación na tenda especializada
La cesta natural.