Cancelado o Monográfico de Expolugo deste ano.


Finalmente non foi posible e o concurso Monográfico da raza, que anualmente se facía con motivo da feira Expolugo, non se poderá realizar. Os imprevistos recortes nas axudas, que se lle acaban de aplicar ás entidades que organizaban o concurso, entre elas á nosa asociación, non fan posible poder organizar este acto. Para as estatísticas futuras, constará como monográfico da raza do ano 2012 o celebrado con motivo da feira, GandAgro no mes de marzo.

A asamblea xeral da asociación, que xeralmente se facía coincidindo co monográfico, queda posposta ata atopar unha boa data e lugar para todos os criadores, pretendendo tratar o futuro das actividades a realizar.