A UE destaca a importancia de incidir nunha gandería sustentable

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o galego José Manuel Silva, alertou sobre a nova reforma da PAC, que entrará en 2014, que a gandería, especialmente a galega, debe tender cara a un desenvolvemento sustentable, cun axeitado aproveitamento das terras, xa que o gando galego ten "un problema de seguridade alimentaria terrible". Ademáis di que se está a observar que en determinadas producións sucede que "canto máis produce máis perde".
Parece que en Galicia temos un importante problema de abastecemento de alimentos para o noso gando e debido a que cada vez son máis caros e como os temos que importar, a excesiva industrialización das producións, está a producir un afogamento de moitas granxas con altas producións... pero tamén cuns altísimos custes.
De aí que temos que incidir en tentar de buscar cada vez máis, autoabastecer aos nosos animais con alimentos da nosa propia explotación para abaratar os custes de produción. Este é o fundamento principal da produción de avicultura artesá que se está a facer desde a Galiña de Mos.
Unha fórmula moi sinxela a ter sempre presente: Ingresos-gastos =beneficio