Recentemente a administración galega publicou unha norma sobre as producións avícolas artesanais. Esta era unha normativa amplamente demandada pola nosa organización, xa que as lexislacións que existían ata o momento, imposibilitaban a comercialización dunha maneira “legal” das producións das granxas de galiñas cun sistema que se aparta do industrial.
Este marco normativo que permite legalizar as granxas, afectará soamente a aqueles que comercialicen os produtos (ovos, carne ou polos vivos). En ningún caso afecta a quen ten as galiñas para autoconsumo. Desta maneira abrese a posibilidade dunha comercialización regulada debendo de cumprir unha serie de requisitos, especialmente sanitarios. Para explicar a todos os interesados esta nova iniciativa convocamos unha serie de reunións nas catro provincias, podendo asistir cada un á que mellor lle conveña.
“A avicultura artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa”
DATA | HORA | LUGAR |
29 de febrero (mércores) | 16.00 horas | Pazo de Fontefiz, Concello de Coles, Ourense. (Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia). |
1 de marzo (xoves) | 16.00 horas | Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. (Recinto Feiral O Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI). |
2 de marzo (venres) | 16.00 horas | Casa da Cultura, Rúa Arcai 28, Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia A Coruña. |
10 de marzo (sábado) | 15.30 horas | Sala Mirador do Pavillón nº 2, Recinto da Feira Internacional de Galicia, Silleda, Pontevedra. |