No recinto feiral de Hospitalet de Llobregat, ao carón de Barcelona, entre o 15 e o 18 de abril celebrouse unha nova edición de Expoaviga. Esta é unha das maiores feiras agropecuarias que se celebran en España, moi enfocada cara o sector profesional. Esta edición tivo como novedade unha fermosa exposición avícola na que xogaron un importante papel as razas autóctonas españolas, e como non podía ser menos, alí estiveron exemplares da nosa raza, enviando representación os criadores, Ramón Abella, Carlos Durán e Germán Fraga.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhhJ_YDkOHsilQKZLNoBmEL_n88q1h2PeezbXhPpxgB1k4BIZVJSl5p1nOkQVu8SDzf6Cq6BOW1xGis4Z3LpmAuD6xfH_psBq5j8Ymg55j9RThOPHYEwqb63Uss6QBXnkqYdqB6/s400/P4160007.JPG)