As actividades
que realizaremos serán as seguintes:
·
9º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves
poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
v
11ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS –
SEMANA VERDE 2024 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo).
v
XV CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
· No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA.
·
DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares
durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1,
onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
-
MERCADO DE AVES VIVAS. Existirá un mercado de aves vivas
organizado pola Fundación Semana Verde de Galicia, no que participarán dúas criadoras da nosa raza.
Esperámosvos.
Máis información aquí