Reportaxe sobre a incubacións de polos na provincia de Lugo.

 O Xornal El Progreso fixo unha reportaxe sobre a incubación de poliños na provincia de Lugo.

Pódese consultar aquí

Achégase a Semana Verde de Galicia


Do 30 de maio ao 2 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda.

As actividades que realizaremos serán as seguintes:

·                     9º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.

            Este campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.

v   11ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2024 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo). 

v   XV CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS. 

·                    No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA. 

·                    DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1, onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.

-         MERCADO  DE AVES VIVAS. Existirá un mercado de aves vivas organizado pola  Fundación Semana Verde de Galicia, no que participarán dúas criadoras da nosa raza.


Esperámosvos.


Máis información aquí

Outra tanda de nacementos en Castroverde.

 No CEIP Castroverde, na localidade lucense, naceu outra tanda de poliños de Galiña de Mos. Alí asistimos para darlles as indicacións oportunas aos alumnos e alumnas sobre a crianza da nosa raza.







En Lugo, no colexio Menéndez Pelayo tamén naceron poliños.

 Outra incubación máis realizouse no CEIP Menéndez Pelayo de Lugo. A actividade contou coa axuda da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O xornal El Progreso fixo unha reportaxe sobre a actividade que se está a desenvolver na provincia lucense co programa "A Galiña de Mos vai á escola" 



No Punto de Atención á Infancia en Valdoviño, naceu outra tanda de polos.

 Once poliños naceron no PAI de Valdoviño, trala incubación de 20 ovos de Galiña de Mos. O xornal Diario de Ferrol recolleu información sobre a actividad (Pulsar aquí)




Nova tanda de poliños na EIM A Rolada

As meniñas e meniños da Escola Infantil Municipal A Rolada, en San Sadurniño, tamén recibiron nosa a visita para programar a incubación e nacemento de 20 ovos de Galiña de Mos. A incubadora estivo 21 días funcionando co obxectivo de que as pequenas e pequenos vaian aprendendo conceptos como o da responsabilidade ou o coidado.





A Galiña de Mos en Val do Dubra

 Na exposición de gando que se celebrou en Bembibre, concello de Val do Dubra, o pasado 31 de marzo, con motivo das Feiras de Abril da localidade, participou a criadora Mariña Grille.