No CEIP Terra Chá naceron poliños.

No CEIP Terra Chá, en Román, no concello de Vilalba naceron poliños da nosa raza. Alí asistimos a darlles aos alumnos e alumnas, varias charlas sobre o ciclo de incubación das galiñas e sobre as características das aves da raza Mos. Esta actividade, na provincia de Lugo, inclúese dentro do programa "A Galiña de Mos vai á escola", que está financiado pola Área de
Vicepresidencia da Deputación Povincial de Lugo.