
A Galiña de Mos cantou en Fitur

A Galiña de Mos estará en Xantar.
A Galiña de Mos estará presente un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico- XANTAR, do 6 ao 10 de febreiro. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, terá un stand onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas.
Este ano, tamén se poderán degustar pratos elaborados con produtos 100% Raza Autóctona, a través dun restaurante no que colabora Antonio Díaz, cociñeiro do Restaurante Andarubel, nas Fragas do Eume e o seu equipo, que serán os encargados de cociñar as excelentes propostas con produtos únicos e de calidade.
O teléfono de reservas para o restaurante é 722618600. O prezo e o menú pódese consultar na imaxe adxunta.
Do 21 ao 23 de febreiro celébrase a feira Abanca Cimag-GandAgro
O seu parque expositivo será un
auténtico escaparate ao servizo de agricultores e gandeiros. Contará con gran
variedade de firmas, produtos e novidades de todos os ámbitos, entre outros,
sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética,
animal vivo, equipamento para agricultura e gandería, sistemas de muxido, tractores e motocultores, maquinaria de recolección e
post-recolección, de preparación de chan; de semente e abonado; de protección
de cultivos e rega, e para explotacións gandeiras, ademais de compoñentes e
accesorios.
Aos colexios de Sada chegaron Galiñas de Mos.

A Galiña de Mos estivo na feira de Sober.

O 28 de decembro celebrouse a II Feira Avícola de Sober, organizada pola Asociación de Avicultores da Ribeira Sacra. Participou o criador Gonzalo Rodríguez Lamblín. Celebrouse na praza do Toural de Sober.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)