Gran éxito das razas autóctonas en Xantar.

Na Feira de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, contou cun restaurante atendido polo equipo do cociñeiro Antonio Díaz. Foi un rotundo éxito, enchendo todos os días as prazas dispoñibles para consumir un suculento menú feito con produtos das nosas razas autóctonas.
Un suculento postre feito con ovos de Galiña de Mos pechaba a degustación que non deixou a ninguén indiferente.
No stand de Boaga participaron produtores de razas autóctonas con venda de produto e asesoramento das súas marcas. Ofrecimos durante os cinco días de feira información sobre as razas autóctonas e asesoramento para a creación de marcas individuais.
Dos criadores de Galiña de Mos asisitíu José Álvarez "Pepe Vilachá" da granxa O Seara, do concello de Cartelle, en Ourense.