Achégase unha Semana Verde 2014 chea de actividades.
A Feira de Artesanía de Triacastela contou coa Galiña de Mos
A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro.
Con motivo da celebración da XXVIII Feira do Queixo do Cebreiro o venres 18 de abril, acompañamos aos criadores de Pedrafita do Cebreiro, que instalaron unha carpa cunhas xaulas na que se poderon observar varios exemplares da raza. A feira estivo moi animada e se repartíu moita información sobre a nosa raza.Un novo criador preséntanos a súa granxa e a páxina web.
Rafael Carbajales Bouzón, criador do concello de Teo, na provincia da Coruña, preséntanos a súa granxa de cría de Galiña de Mos. Na súa páxina web http://www.granxaeodosmenecos.com/ atópase información sobre a súa granxa artesanal.
Engadimos o enderezo da web da súa granxa na barra lateral das páxinas dos criadores, para unha rápida consulta.O restaurante Casa de Curro, en Baralla, introduce a pularda da nosa raza no menú.
Outro restaurante aposta polos produtos da nosa raza. Neste caso é Casa de Curro, que está ubicado en San Miguel de Neira de Rei, en Baralla, Lugo. Na súa carta ofrece Pularda da raza Mos confitada con champiñóns. Un lugar moi interesante para degustar esta delicia. As aves son proporcionadas pola granxa "Aves do Concello", de Vilalba, Lugo.
Foto: www.casadecurro.com
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




