O cociñeiro Miguel Oliveira alaba ao Galo Mos

O cociñeiro Miguel Oliveira, chef do Restaurante do Museo Marco, de Vigo, recomenda consumir as carnes do galo da nosa raza. Neste nadal fíxoo simplemente estofado con cebolla, clavo, brandy e viño tinto do país (valdeorras), pero lentamente , unhas cinco horas a lume lentísimo.
Dí que estaba espectacular. No seu blog podedes seguir o comentario que nos deixou.
Os galos eran de Soutodeherville.
Tamén fixo un ovo de Galiña de Mos en baixa cocción con puré de coliflor e mantequilla de cacahuete.
De postre tomou uns cup-cakes , tamén feitos con ovos de galiña de Mos recheos de confitura de frambuesa e merengue tamén de frambuesa.