No CPI Atios de Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.

Unha nova incubación a final de maio, fíxose nunha das aulas do colexio CPI de Atios, en Valdoviño. Os alumnos e alumnas aprenderon as características da nosa raza e os coidados necesarios no proceso de incubación e nos primeiros días de vida dos poliños.



Outra tanda de polos en Miño.

 Na aula de educación especial do CPI Castro Baxoi, en Miño, naceu outra tanda de polos de Galiña de Mos. Achegámonos a darlles consellos a uns alumnos e alumnas cunhas especiais ganas de aprender os coidados das nosas aves.




E no Courel máis polos.

Tamén o 24 de maio nos achegamos ao CPI Uxío Novoneira, en Seoane do Courel, onde chegou o programa A Galiña de Mos Vai á Escola expicándolles aos alumnos e alumnas o ciclo de cría das nosas aves desde que se poñen os ovos ata que son adultas.




En Becerreá naceron poliños.

O 24 de maio o programa #AGaliñadeMosVaiAEscola que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chegou ao colexio Ceip San Xoan de Becerreá. As nenas e nenos asistiron ao nacemento de 14 poliños da nosa raza. Un gran éxito!!