Outra incubación nun colexio da Coruña.
No colexio Ramón de la Sagra, na Coruña, naceu o 9 de maio outro lote de polos da nosa raza, trala posta da incubadora 21 días atrás. Nesta ocasión tivemos a sorte de que naceran quince polos.
Da Escola á Granxa.
Estivemos na presentación do programa Da Escola á Granxa, que está a desenvolver a área de Medio Rural da Deputación de Lugo. É un programa moi interesante no que participan produtores de toda a provincia de Lugo, que reciben nas súas granxas a nenos e nenas de colexios interesados, que se desprazan a coñecer de primeira man as actividades que se desenvolven no noso rural. Nesta edición participa entre outras, a nosa criadora Sandra López, de granxa Aeiroá.
En Valdoviño naceron poliños.
O pasado venres no Colexio Público Infantil Atios, en Valdoviño, naceron 11 poliños da nosa raza. Trala posta da incubadora 21 días atrás con vinte ovos, os alumnos e alumnas asistiron ao proceso de incubación e nacemento e agora, as aves estanse a criar nos galiñeiros de varios alumn@s.
Nacementos no CEIP de Riotorto
O 5 de maio naceron no CEIP de Riotorto poliños da nosa raza. Agora estanse a criar cunha bombilla de calor na propia aula. Tamén asistí á aula un galo e unha Galiña de Mos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)