![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi7syWWTG6JO7OmImXZgQ9KWIH-N6QtkFVCO7zHhPWKpc0V1lR1yhyphenhyphenALL5WUT6m5rBQ5mlPmXU2It5xvBt3ZnMuLGsJByAhO3F7Hxu9as2B7d2pVrKlK8_su_iqN8BGa-mpYElb/s200/20171125_154940+-+copia.jpg)
O polo da nosa raza triunfa.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi7syWWTG6JO7OmImXZgQ9KWIH-N6QtkFVCO7zHhPWKpc0V1lR1yhyphenhyphenALL5WUT6m5rBQ5mlPmXU2It5xvBt3ZnMuLGsJByAhO3F7Hxu9as2B7d2pVrKlK8_su_iqN8BGa-mpYElb/s200/20171125_154940+-+copia.jpg)
Este fin de semana Xornadas de Polo no asador O Cabuxo.
En Muimenta, no concello de Cospeito (Lugo), este fin de semana celébranse unhas Xornadas do polo da nosa raza. Con motivo do X Aniversario do Asador O Cabuxo, entre o 24 e o 26 deste mes, temos un menú que leva empanada de polo, taboa de xamón e queixo e polo Mos á brasa, cun postre.
Moi recomendable e importante reservar xa que se espera unha enorme afluencia.
Moi recomendable e importante reservar xa que se espera unha enorme afluencia.
A Galiña de Mos foi invitada ao aniversario da Apehl.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmNg-FqcTTwfjOc0rm1w-iyasaLNQ5CDDa962IxEufj8pA7nX7OL4jjswMt8hA-JOOfbn_wgQHhsomboxYq28jLOVrW7o7OrBQh1_wHhP0sSSVXqL1Pqwu49Ejku_UVHyDY10s/s200/20171122_123014.jpg)
O 22 de novembro a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e
Turismo de Lugo (APEHL) celebrou o seu 40 aniversario. Fomos invitados ao acto
onde os alumnos de hostalería IES Sanxillao de Lugo, elaboraron unha
degustación con produtos de calidade onde estiveron o Galo Mos e o cordeiro da
raza Ovella Galega de Asociación Criadores Ovella Galega, en varias
preparacións. Parabéns.
Ao mercado semanal de Ordes asistíu unha criadora.
Mari Luz Gómez Fernández, criadora do concello de Ordes das razas Galiña de Mos e Cachena, asistíu o pasado mércores 15 de novembro ao mercado semanal que se organiza na localidade, que conta con máis de 100 postos. O evento denominado "Vaia Praza-Día e Noite. Xornadas Gastro-Lúdicas" contou cunha serie de degustacións. A venda directa de produtos das razas nas feiras locais é unha interesante aposta para dar a coñecer as producións.
A Galiña de Mos na Feira de San Martiño de Teo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiPi1O5PMq17eTL7eBX05Pvn-OXWwD6L27BzSYG44x44KKNIRYbu59_eCxmMhR35v2rqE9rCQ0EdJqgkh896DvoTlM6KvrVvQ-dGHrrOZm7B-XeEBk3Cn-a1325a-ox2Hu1JNOW/s200/23415532_1094086807394646_1103252668501615527_o.jpg)
Dúas criadoras participaron na feira Etiqueta Negra Gourmet.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilqSaRWkM5IwnVloY2mGNHHEq8F5-4BP8ZrPfcboSZfKSrN6xO7NqZoJvGRBGqTm6K1b0CkRoA2CaUM9VPvpXBju77a_0Ir_GHv8As3hjjunrYcNEYeubFO1pw5xpWyMaZ3-IG/s200/22814403_1603093986403492_2798375996215844722_n.jpg)
A ExpoDegustación da Galiña de Mos foi outro éxito.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh03XeMzXXjQN_pNpgWkkRqZvLIdZRjbIK-Qx4rxV7EH87G5Kja2k8L8Qf5rjx-14e-fSs5CjYc5P9k-uOI54fAx2usdS99C6zSnTPb2RlimsDdEvsgApn_elt7keeFcMYjoVNM/s200/20171029_114226.jpg)
Paralelamente celebrouse a VI Exposición e
Concurso comarcal da Terra Chá, que contou tamén coa invitación dos criadores dos
concellos limítrofes á comarca da Terra Chá.
Partiticiparon 50
exemplares de 10 criadores da raza.
As aves foron
valoradas polo veterinario Oficial da Xunta de Galicia Esteban Rivas.
Os resultados foron
os seguintes:
Mellor galiña da
exposición: galiña propiedade de José Luis Freire Castedo, de Suegos, concello
de Pol.
Mellor galo da
exposición: galo propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de
Lea, concello de Castro de Rei.
O programa A Revista, da Galega, fixo dúas conexións en directo que se poden ver nos seguintes enlaces:
Outra información xornal El Progreso.
No colexio de Lousame naceron poliños da nosa raza.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjE-p8Opk3y3TOoyDuEUcUGbCetOPbP21Pe23S0RBkCOyBp4oaz_uPJ_Y0hkTFuwrJCQkWW_d71aY9npcxi_OYP_agVmmX7Iy9N3KQrertUCc7GesOZSzfaNM1vTeaXdabtVy6V/s200/IMG-20171026-WA0002.jpg)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)