Video MOI INTERESANTE do Doutor arxentino Daniel López Rosetti, onde se explica claramente a mentira sobre o colesterol do ovo. O ovo estivo erróneamente demonizado por parte da medicina humana durante anos, xa que se creía que incrementaba o nivel de colesterol, demostrándose actualmente que non é así. O ovo é un dos alimentos existentes na natureza con maiores propiedades nutritivas.
A Galiña de Mos estivo no Arde Lucus.
No Arde Lucus, festa que se celebrou en Lugo entre o 30 de xuño e o 2 de xullo, no Castro da Asociación A Castronela, ao carón da Estación de autobuses de Lugo, estivo un lote de exemplares da nosa raza xunto a un lote de leitóns de Porco Celta. Neste espazo recreouse a vida dos castrexos e os seus costumes.Xornadas na parrillada Fonte, cociña á brasa.
Na parrillada Fonte, cociña á brasa, situada na estrada nacional VI de Outeiro de Rei, Lugo, celebráronse entre o 1 e o 3 de xullo, unhas xornadas de degustación de produtos da nosa raza, coincidindo coa feira de artesanía da localidade. Foron organizadas polo propio restaurante en colaboración coa granxa Chousa do Lea.A Galiña de Mos estivo en Outeiro de Rei.
O día 1 de xullo estivemos en Outeiro de Rei, na Feira de Artesanía da localidade. José Zapata, da granxa Chousa do Lea, fixo promoción da súa granxa e da raza.No CPI Monte Caxado das Pontes naceron poliños de Galiña de Mos.
Nos primeiros días do mes de xuño, no CPI Monte Caxado das Pontes, procedeuse á incubación de poliños da nosa raza. O día 15 de xuño, día de nacemento, aproveitamos para das unha charla sobre a nosa raza e sobre as características do proceso de incubación, nacemento e cría dos polos.
Asistiron os alumnos de todo o colexio, podendo ver un galo e unha galiña vivos.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








