Con motivo da celebración da Feira do Poldro e Gando de Monte en Muras, realizouse unha exposición de razas autóctonas onde participou a nosa raza xunto con outras das autóctonas. Repartíuse abundante información publicitaria xa que foi unha feira moi animada.A Galiña de Mos estivo en Muras
Con motivo da celebración da Feira do Poldro e Gando de Monte en Muras, realizouse unha exposición de razas autóctonas onde participou a nosa raza xunto con outras das autóctonas. Repartíuse abundante información publicitaria xa que foi unha feira moi animada.Presentados estudos sobre a Galiña de Mos nun congreso Internacional.
No X Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais celebrado na localidade portuguesa de Castelo Branco, a mediados do mes de setembro, presentáronse diversos estudos sobre as características dos ovos da raza Galiña de Mos e sobre a calidade da carne das galiñas, ademáis de analizar a evolución da nosa raza. Neste congreso científico observouse como a Galiña de Mos é a raza de galiñas autóctonas de maior censo en toda a Península Ibérica, sendo actualmente a lider en produción e comercialización entre as autóctonasA Galiña de Mos estivo en Coristanco
Con motivo da celebración da Festa da Pataca de Coristanco celebrada o domingo 18 de setembro, celebrouse unha exposicíón de produtos galegos participando a nosa raza. O criador Gervasio Mouro do concello de Zas, presentou varios exemplares e asistimos repartindo moita información sobre a raza. Foi unha feira moi visitada.En Ponteareas estivo a Galiña de Mos.
A X Feira dos Remedios que se celebrou en Ponteareas o sábado 10 de setembro contou coa Galiña de Mos, xa que os criadores Álvaro Rodríguez e Alejandro Collazo, presentaron aves vivas e repartiron abundante información sobre a nosa raza.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






