O pasado 30 de maio celebrouse en Viladecruces a XVII edición da Festa do Galo de Curral de Viladecruces. Nos últimos anos Viladecruces apostou decididamente pola Galiña de Mos, e actualmente a produción de Galo de Viladecruces procede ao 50 % da Galiña de Mos.
A Asociación de criadores do Galo de Curral de Viladecruces- O Agro, está a espera de poder incrementar a produción para poder acadar no curto prazo a totalidade da produción da raza autóctona.
Nesta xornada festiva fíxose unha exposición de aves vivas na que participaron máis de 60 aves entre polos, galos e galiñas. Escolléronse os tres mellores galos, que foron valorados por xuíces da raza, resultando gañador un galo de Nicolás Castro Rodríguez, seguido dun de Florentino Varela Mato e o terceiro premio de Evaristo Rodríguez da Torre.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjIgEQjJ2RBYXX0SgHXtIfREnvNlnJeHqdA9-xC-AgkE6v3b2ePf5IvMNlaSpDpvidrpH5ov4Ocd9rlzfws9fS9Y54GOV1V9DqJCxy2ROS1sXGs_xLF_7RKzjDwgrUZ3VtQYdcF/s400/2010-05-30_IMG_2010-05-30_20_52_45_dez2.jpg)
(foto de El Faro de Vigo)