Como anunciamos, os pasados días 31 de marzo e 1 de abril celebrouse en Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia da Coruña a III Feira de razas autóctonas en perigo de extinción, enmarcada dentro das feiras de abril da localidade. A Galiña de Mos estivo presente con exemplares presentados polos criadores do concello Mariña Grille, Rocío Calvelo, José Antonio Liñares e Sergio Noya.En cinco restaurantes da zona houbo xornadas gastronómicas do Galo Mos e de Cachena que foron un gran éxito, como non podía ser menos ao poder degustar os comensales dúas das carnes de maior prestixio da nosa terra.
A nosa noraboa á organización da feira e aos criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra polo gran traballo feito.
As xornadas gastronómicas sobre as carnes do Galo Mos foron un auténtico éxito un ano máis, puidendo disfrutar os consumidores da calidade do noso producto.