Os días 28, 29 e 30 de outubro celébrase na cidade de Pontevedra a feira Etiqueta Negra. é unha feira gastronómica de tipo gourmet na que participarán tres criadores da nosa raza: María José Abonjo, da granxa Castro de Madrosende, Sandra López da granxa Aeiroá e David Sueiro, da granxa Galo Celta.
Pódese consultar máis información da feira na seguinte páxina: http://etiquetanegragourmet.com/