
Desta vez e coincidindo co día Internacional do Libro, farase unha
presentación, exposición e venda deste libro. “Cociñando Coas Razas
Autóctonas”.
Tamén se fará un showcooking coa carne de razas autóctonas galegas a cargo
de:
Iñaki Bretal,
chef e propietario de “Leirado da Leña”
en Pontevedra, que fará “Tataki de raza Cachena”
Rubén
González Vallejo, chef de “El Cafetín”,
que cociñará “Galo de Mos Recheo”.
Rocío Garrido
Caramés, de la “Cocina de mi abuelo”, que
fará o prato “Que va que bo de Cordeiro de raza Ovella Galega”.
Por último haberá un stand con información sobre as razas autóctonas
galegas para promocionar e dar a coñecelas e tamén os seus produtos.