
Un grupo de veciños e criadores organizarán en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais.
Nunha carpa anexa, haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós.
Haberá tamén diversas actividades como unha exposición de maquinaria antiga, feira de artesanía e diversas actuacións que animarán a xornada festiva.