Últimas noticias e temas de actualidade sobre a nosa raza
Sabores de Santiso estivo na feira de Agasallos locais, en Melide
A localidade de Melide, na provincia da Coruña, acolleu a feira de Agasallos locais para Nadal, organizada polo concello de Melide e polo GDR Ulla-Tambre-Mandeo. Entre os máis de trinta expositores estivo Pablo Balboa, que coa súa granxa Sabores de Santiso, estivo ofertando Galo Mos entre outros dos seus produtos. Durante o fin de semana o Restaurante Casa Quinzán ofreceu menú con galo da nosa raza, cunha promoción especial a todos aqueles que pasaran polo posto na feira de Sabores de Santiso.