Nova edición da ExpoDegustación da Galiña de Mos.

Xa temos data para a ExpoDegustación da Galiña de Mos que se celebra en San Xiao de Mos, no Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. Esperámosvos.

A nosa raza participou en Expolugo

A Galiña de Mos estivo presente na feira Expolugo, que se celebrou os días 5 e 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo. Participaron os criadores Luis Fernández, Alberto Fernández, Sandra López, Oscar Miranda e Francisco Monasterio.



A Galiña de Mos polo centro de Lugo.

Fermoso desfile gandeiro o que se celebrou polas rúas da cidade de Lugo, con motivo do inicio das festas do San Froilán. Alí estivo a nosa raza participando co resto das autóctonas.




Asamblea de Avimós

O pasado 27 de setembro celebrouse a asamblea xeral ordinaria da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMÓS, no Pazo de Fontefiz. Tamén se celebraron as asambleas do resto de asociacións de criadores de razas autóctonas. Coincidindo con estes actos, aproveitouse para presentar a exposición Bestiarium, unha exposición fotográfica de razas autóctonas españolas cunha mirada totalmente diferente, realizada polo fotógrafo José Barea. 
Foi unha xornada de gran cofraternidade.

 



Os produtos da nosa raza estiveron na Vuelta Ciclista.

Rematou a Vuelta Ciclista a España e o posto da Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo (APEHL), coa marca "E Para Comer Lugo", realizou nas saídas das etapas promoción dos produtos de calidade galegos, entre os que se atopou a Galiña de Mos. 
Houbo moito interés por parte dos asistentes por toda España, sendo outro escaparate máis para o noso produto. 
Agradecemos á APEHL a invitación.




A nosa raza en Ponteareas.

Un ano máis e con motivo da celebración da XIII Feira dos Remedios, no concello de Ponteareas, volveu a estar a Galiña de Mos, grazas á presenza dos criadores Alejandro Collazo e Álvaro Rodríguez, do concello de Mos.

A Festa do Emigrante de Pol, contou coa Galiña de Mos.

A Festa do Emigrante celebrada o 24 de agosto en Mosteiro, no concello de Pol, provincia de Lugo, contou con degustación de Galo Mos, procedente das granxas Chousa do Lea e Aeiroá.
Imaxes de José Zapata Sánchez

A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da nosa raza estarán representados no posto da marca "E Para Comer Lugo".
En todas as saídas das etapas da Vuelta Ciclista a España haberá unha zona específica de promoción de produtos onde participa a Asociación de Empresarios da Hostalería da provincia de Lugo. Como en anos anteriores varios produtos de calidade galegos estarán representados e como non podía ser menos, aí estará a Galiña de Mos.

A nosa raza estivo en Piloño.

O 18 de agosto celebrouse en Piloño, no concello de Vila de Cruces, a feira do 21. Os criadores Alex Fiuza, José Ramón Cillero e David Santos, da granxa Castelo de Alcobre, participaron con exemplares de Galiña de Mos.

E outra feira máis


O 3 de agosto celebrouse a II Feira do Castro de Moldes, no concello de Boborás, provincia de Ourense. Alí estivo a criadora María Belén Maceda coas súas galiñas e información.

En Pontevea falouse da nosa raza.

No Pernas Multicentro que existe en Pontevea, no concello de Teo, celebráronse o 27 de xullo, varias actividades con motivo do seu 150 aniversario. Alí estivo Rafael Carbajales, da granxa Eo dos Menecos, que impartíu varias charlas e degustacións dos seus produtos, dos que é proveedor.

En Alfoz estivo a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo presente no XXI Mercado Medieval de Alfoz, nun fermoso lugar baixo a torre fortaleza de Pardo de Cela. O criador Pablo Val asistíu cos seus exemplares.


A Galiña de Mos estivo en Pazos de Arenteiro.

Os pasados días 13 e 14 de xullo, a Galiña de Mos estivo presente na III edición da recreación da batalla de Pazos de Arenteiro. Con motivo dos obradoiros e exposicións ceebradas, a criadora María Belén Maceda, presentou un posto de Galiña de Mos para promocionar os seus produtos.


A nosa raza estivo de feira en Boborás.

Con motivo da celebración da II Feira en Feás, no concello de Boborás, provincia de Ourense, a criadora Belén Maceda, asistíu cos seus exemplares, ofrecendo información sobre a Galiña de Mos.

Nun colexio de Monforte naceron poliños.

No colexio Ferroviario en Monforte de Lemos, naceron 14 poliños da nosa raza trala incubación feita de 18 ovos. Estivo presente o criador Ramón Vázquez, que lle falou aos alumnos da súa experiencia na crianza da Galiña de Mos.