Un novo criador preséntanos a súa páxina web.
Vídeos sobre Xornadas Técnicas de razas autóctonas na Semana Verde 2014.
Para ver os videos pulsar aquí.
Tamén están no seguinte enlace o resto das ponencias das Xornadas Técnicas sobre razas autóctonas, organizadas pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA: http://www.boaga.es/tv/
As nosas aves foron protagonistas en Luar.
O programa de máis audiencia da TVG, o programa Luar do venres 19 de setembro, adicouse á galiña e como non, alí estiveron as grandes protagonistas da noite, a Galiña de Mos. Un lote de 10 galiñas e un galo e outro lote de 25 poliños dun día estiveron presentes no plató. O Director Técnico de Avimós, Diego Rois, participou no programa acompañado de "Suso" veterinario de Arzúa e colaborador da TVG en varios programas, que falou da galiña piñeira entre outros temas. Tamén estiveron os peluches da nosa raza, ovos e carteis divulgativos...
No plató do programa, que se desenvolveu en directo, tamén estivo Francisco Monasterio, Presidente de Avimós. Tralo remate do programa xa de madrugada e unha vez recollidos os peches e os galiñeiros, as aves voltaron ás súas explotacións de orixe en Tordoia e Castro de Rei.
No seguinte enlace podemos ver o programa: Luar Galiña de MosInforme sobre a reunión no Ministerio de Agricultura.
A pasada semana tivemos unha reunión no Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA). Debido a que Avimós é o representante da sección avícola para toda España, dentro da Federación de Razas Autóctonas Españolas (FEDERAPES), asistimos coa Federación Nacional a unha reunión co Director Xeral de Producións e Mercados Agrarios e dous Subdirectores do seu departamento.
Nesta reunión plantexamos a importancia de que a administración española, sexa sensible ás problemáticas existentes de cara ao fomento das pequenas explotacións avícolas, que non teñen nada que ver nas súas producións, coas miles de unidades da gran industria avícola.
Especialmente tratouse a normativa europea que exime do cumprimento de determinados requisitos no caso do subministro directo polos
produtores de pequenas cantidades de produtos primarios ao consumidor final ou
a establecementos locais de venda polo miúdo para o abastecemento ao consumidor
final e de aves sacrificadas na explotación, en determinadas condicións. O problema neste caso é que en España, a normativa non permite este sacrificio, cando no resto de países europeos, si, algo que parece inxusto.
Desde Federapes plantexamos unha proposta de cara a avanzar nesta autorización, comprometéndose o Magrama a interceder ante o Ministerio de Sanidade para apoiar aos pequenos produtores de razas autóctonas de galiñas e favorecer os mercados de circuitos curtos de comercialización.
A Galiña de Mos estará en Expolugo.
A Galiña de Mos estará no programa Luar
O famoso programa Luar da Televisión de Galicia, do próximo venres 19 de setembro, contará coa Galiña de Mos. Alí estaremos con exemplares adultos e poliños falando da nosa raza... A partir das 22 horas.
Rematou unha exitosa Vuelta Ciclista a España
Ven de rematar unha nova edición da "Vuelta Ciclista a España" na que a Galiña de Mos tivo protagonismo grazas á invitación da Asociación de Hosteleiros da Provincia de Lugo, que tivo un stand durante todo o percorrido coa súa marca "E Para Comer Lugo". Promocionáronse produtos de calidade galegos durante as saídas das etapas, habendo degustación de Galo Mos nas cinco etapas galegas, con saída en Ortigueira, A Estrada, Salvaterra do Miño, Santo Estevo de Ribas de Sil e Santiago de Compostela.A Galiña de Mos no famoso xogo FarmVille2.
Un dos xogos máis famosos dos existentes para teléfonos móbiles, sendo o máis xogado a través de facebook, é o chamado FarmVille2. Iste xogo permite manexar unha granxa virtual en tempo real, facendo aqueles labores que se realizan nunha granxa, como criar animais.
Nunha das actualizacións podemos xogar nunha granxa de España e cales son as galiñas que hai que criar??.... Sorpresa, xa podemos criar Galiña de Mos virtualmente.
A empresa que realiza iste videoxogo chámase Zynga, estando en California, nos Estados Unidos.
Nas imaxes vemos unha captura do xogo que nos enviou un xogador e a recreación da Galiña de Mos feita para o xogo. como se pode ver é moi realista.
Quen o diría... A nosa raza cada vez máis internacional.
A Galiña de Mos voltará a estar na Volta Ciclista a España
Un ano máis a Galiña de Mos estará na Volta Ciclista a España, que comeza este fin de semana. Grazas á invitación da Asociación Provincial de Hosteleiros de Lugo e o seu stand "E para comer Lugo", os produtos da nosa raza mostraranse nas cinco etapas galegas da "Vuelta Ciclista" que discorren este ano por Galicia. No resto de España, repartirase abundante información sobre a nosa raza. Estivemos na presentación da participación da Asociación Provincial de Hosteleiros de Lugo na volta con productos de calidade da provincia de Lugo e de toda Galicia. Na presentación estivemos co Presidente da Apehl, a Delegada da Xunta en Lugo, o Director da Volta Ciclista e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia.
Na Feira de Artesanía de Castro de Riberas de Lea estivo a Galiña de Mos
Os pasados días 9 e 10 de agosto celebrouse en Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, unha Feira de Artesanía, con motivo das festas patronais, que estivo moi concurrida. A nosa raza estivo representada con varios exemplares da granxa Chousa do Lea, do criador José Zapata, da mesma localidade.En Baio estivo a Galiña de Mos
Fornelos, en Baio, no concello de Zas, na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, celebrouse un Ecomercado os pasados días 26 e 27 de xullo onde estivo a Galiña de Mos. A criadora Teresa Gándara, de Vimianzo, estivo cunha mostra dos seus exemplares.A Galiña de Mos estivo presente en Mundo Ovo, en Monforte de Lemos.
Unha parella de Galiña de Mos sorteada no festiva A.C. Polka en Pol
En Mosteiro, no concello de Pol, provincia de Lugo, celebrouse o día 19 de xullo o festival Polka Pol Kultura Aberta. Os organizadores sortearon unha parella dun galo e unha Galiña de Mos que foi donada polo criador Luis Freire, do mesmo concello.
Unha boa iniciativa para agasallar nas festas do verán.
A Galiña de Mos estivo presente na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.
A VIII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, celebrada o sábado 5 de xullo, contou con exemplares da nosa raza. O criador Alberto Fernández, do mesmo concello asistíu con varios exemplares. Tamén Jorgue Anguez, de Triacastela, estivo presente cun posto repartindo información de varias das nosas razas autóctonas.
Foi unha xornada moi animada, existindo moitos interesados nas bondades da nosa raza.
Os larpeiros falaron da Galiña de Mos
No programa Larpeiros da TVG do 3 de xullo, falouse da Galiña de Mos. O equipo de gravación desplazouse á granxa chamada Galimós, do criador Alberto Fernández Fraga, en Outeiro de Rei, provincia de Lugo.
Fixeron unha receita con polo da nosa raza en escabeche.
No seguinte enlace pódese ver a gravación.
Reportaxe no Labranza sobre a Semana Verde 2014
No programa da TVG Labranza do 22 de xuño, houbo unha reportaxe sobre as razas autóctonas, falándose da Galiña de Mos. A partir do minuto 12 e 12 segundos.
Podémolo ver no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xxxvii-semana-verde-de-galicia-salimat-razas-do-pais-en-perigo-de-extincion
Podémolo ver no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xxxvii-semana-verde-de-galicia-salimat-razas-do-pais-en-perigo-de-extincion
Últimos preparativos para comezar a Semana Verde
Desde mañá xove estaremos na Feira Internacional de Galicia. Estamos cos últimos detalles. Hoxe mércores xa están a entrar as aves para participar no 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos, que se divide no Concurso por lotes e no Monográfico Individual.
Esperámosvos a todos.
Os galos e as pulardas da nosa raza poderanse degustar en Salimat

Dentro da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra esta semana, haberá degustacións todos os días das nosas razas autóctonas. Será no stand TapiRazas no pavillón número 1. Na imaxe pódese ver o interesante menú.
Tamén se comercializará carne das nosas razas, incluíndo seis expositores de aves da nosa raza. Para máis información pinchar aquí.
O Mesón Colón introduce a Pularda de raza Mos para o Arde Lucus
O Meson Colon en Nadela, Lugo, proponnos un apasionante menú para esta semana con motivo da celebración da festa Arde Lucus, onde están as pulardas da nosa raza. As aves son proporcionadas pola granxa Eido de Cabaleiros, de Láncara, Lugo. Este menú con referencias aos antigos romanos estará composto por:
MENU ARDE LUCUS DEL 10 AL 14 DE JUNIO
-PASTEL ESPECIADO DE CORDERO
-CALABACIN RELLENO DE PULPO ESTILO APICIO
-PULARDA DE MOS NUMIDICA
-CREMA DE QUESO CON UVAS
-VINO MIELADO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















