A Galiña de Mos no campamento celta do Arde Lucus

O pasado fin de semana celebrouse en Lugo o Arde Lucus, festa de recreación histórica romana e celta que ten un maior auxe cada ano. Case medio millón de persoas disfrutaron das actividades durante tres días. No  campamento celta da asociación Trebas Galaicas, chamado castro de Medulio houbo unha exposición de exemplares de razas autóctonas onde estivo a nosa raza. As aves foron cedidas polo criador Luis Fernández 


.

Programa labranza sobre as razas autóctonas en Silleda

O 24 de xuño, o programa labranza da Galega falou das razas autóctonas en Silleda e da presentación do libro Cociñando coas razas autóctonas. A partir do minuto 10.

Destacado papel dos criadores da raza na Semana Verde


O 1ª Exposición e Concurso por lotes de Galiña de Mos, celebrado con motivo da Semana Verde, foi moi visitado, gustando moito a presentación. Participaron 22 criadores das catro provincias galegas que presentaron cada un, un lote formado por tres galiñas e un galo.

Os xuíces do concurso foron os veterinarios da Xunta de Galicia D. Eduardo Vidal Baamonde e D. Cástor José Rivero Martínez.
O mellor lote foi para José Rama García de Carral, A Coruña.
O segundo premio foi para o lote de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
O terceiro premio foi para un lote de Luis Fernández, Fernández, de Riotorto, Lugo.

Gran éxito da Semana Verde de Galicia 2012

Rematou a Semana Verde de Galicia 2012, celebrada en Silleda (Pontevedra) do 14 ao 17 de xuño.
Visitada por 110.000 persoas, foi un gran escaparate para a promoción da nosa raza. Houbo moitas novidades, destacando a presentación das carnes das razas autóctonas en venda directa desde o produtor ao consumidor.
 A granxa artesanal Soutodeherville presentou unha venda de galos sacrificados con oito meses, que mostraron unha gran calidade e aceptación, interesándose polo produto cidadáns de diferentes partes do mundo. O seu propietario, Marcos Pichel, foi felicitado por todas as autoridades pola súa aposta.

O Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª Rosa Quintana, cos Directores Xerais de Produción Agropecuaria e Desenvolvemento Rural, D. José Álvarez e D. Antonio Crespo, acompañados da alcaldesa de Silleda, Dª Paula Fernández, atenden ás explicacións de Marcos Pichel, propietario da granxa artesanal Soutodeherville. Marcos aparece acompañado de Carlos Durán, criador da raza de Ferrol.

Finca Dapedra estrénase na web

O noso criador José R. García, de Carral A Coruña, estrénase na web no dominio gallinasdemos.es, e nos anima a visitar a súa páxina. Nesta web pretende darnos información sobre a raza e sobre a súa granxa e as aves que cría e os seus produtos. Benvido á rede.

Exposición-concurso por lotes e mercado da Galiña de Mos na Semana Verde 2012

Como sabedes do 14 ao 17 de xuño, celébrase a Semana Verde de Galicia. No recinto feiral de Silleda, onde asistiron o pasado ano máis de 100.000 persoas, celebraremos unha exposición e concurso por lotes participando 22 criadores da raza. Tamén 9 criadores porán á venda exemplares desde un a tres meses. Tamén haberá outros concursos con razas autóctonas, exposición e venda. Alí vos esperamos, no pavillón 3 do recinto feiral.




Semana Verde 2012

 

Do 14 ao 17 de xuño celébrase a 35ª Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Este ano hai importantes novidades. Nos próximos días vos iremos contando.
Como en anos anteriores, no recinto feiral de Silleda (Pontevedra). ENTRADA GRATUITA.

Viladecruces celebrou a súa festa do Galo de Curral.

O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebrou a súa XIX Festa do Galo de Curral. Os exemplares da raza Mos tiveron un destacado papel, habendo unha fermosa mostra de exemplares, nas diferentes fases da súa crianza. Tamén houbo vendas de canais e unha degustación, todo nunha xornada festiva e animada.

XIX Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebra a XIX Festa do Galo de Curral. Nos últimos anos a Asociación de criadores do Galo de Curral de Viladecruces-O Agro, está apostando pola crianza do seu produto coa nosa raza autóctona de galiñas, abandonando a produción con galos industriais. Actualmente están completando o proceso produtivo incrementando o número de exemplares, para poder acadar no curto prazo a totalidade da produción a partir da raza Mos. 
Con motivo da celebración desta festa de interés turístico de Galicia os criadores, en colaboración co Concello de Vila de Cruces,  organizan no Recinto Feiral unha mostra de exemplares desde o ovo ao galo.


A nosa raza en Riotorto

O domingo 13 de maio celebrouse en Riotorto, provincia de Lugo, o mercado de primavera de produtos ecolóxicos e de tempada. Nos últimos anos este concello lucense organiza un mercado en cada estación do ano para os produtores locais. Unha vez máis o criador de Galiña de Mos e de Ovella Galega, Luis Fernández, asisitíu a este evento.

Comprar alimentos locales reduce el cambio climático

Una parte no desdeñable de la comida que llega a nuestros supermercados lo han hecho después de recorrer una media de 5.013 kilómetros y que su transporte en barco, camión, ferrocarril y, sobre todo, en barco genera emisiones de efecto invernadero que conducen al calentamiento global. El dato se recoge en un estudio presentado por la asociación Amigos da Terra que ha sido elaborado por el grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía de la Universidade de Vigo y por la Universidad de Sevilla. Si queremos ayudar a mitigar el cambio climático y a mejorar la economía, compre alimentos procedentes de la agricultura y la ganadería local.
Fuente: La Voz de Galicia,
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/04/28/comprar-alimentos-locales-reduce-cambio-climatico/0003_201204G28P32991.htm

Ampliadas hasta el 6 de mayo las Jornadas gastronómicas del gallo de Mos en la parrillada Santa Comba, en Lugo

Debido al desbordante éxito de las Jornadas sobre el gallo de nuestra raza que organiza José Luis González, dueño de la parrillada Santa Comba (Santa Comba, Lugo), se amplían hasta el 6 de mayo.Las dos posibilidades que ofrecen para degustarlo son o bien el Menú Galo Mos, consistente en una sopa hecha con varias partes del gallo de Mos para comenzar y gallo guisado de plato principal, a un precio de 20 euros por persona (con sobremesa y café incluidos, pero sin bebida), o bien escoger alguna de las propuestas por separado en la carta. El gallo lo preparan al “estilo abuela”, en cazuela, cortado en trozos y acompañado de patatas asadas y pimientos, como se hacía antiguamente. El criador que los abastece es la granja Chousa do Lea, de Castro de Rei. 

Xornadas Gastronómicas do Galo Mos na Parrillada Santa Comba, en Lugo

Do 17 ao 30 de abril, a Parrillada Santa Comba, situada en San Pedro de Santa Comba, no concello de Lugo, organiza en colaboración coa ganxa de avicultura artesá, Chousa do Lea, do criador da nosa raza José Zapata, de Castro de Rei, unha quincena gastronómica sobre o Galo Mos.
A Parrillada Santa Comba atópase ao carón de Lugo capital, cerca de Nadela, na estrada LU-546.
Animamos a todos a disfrutar dunha carne diferente.

Conferencia sobre a Galiña de Mos no Centro de Interpretación das Fragas do Eume.

Con motivo da inauguración das IV Xornadas Gastronómicas da Tenreira Cachena no Eume, A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume, invitounos a impartir unha charla informativa sobre a Galiña de Mos, na que se informou dos avances conseguidos coa raza, das súas características morfolóxicas e especialmente dos seus especiais caracteres cárnicos. A apreciación dos consumidores e os estudos de investigación, están a demostrar o diferentes que son os produtos da raza autóctona en comparación aos polos industriais. 
Debido á gran aceptación que están a ter as carnes da raza e apostando polos produtos autóctonos, os restaurantes da zona mostráronse moi interesados na introdución dos produtos da Galiña de Mos nos seus menús.
A xornada desenvolveuse no Centro de Interpretación das Fragas do Eume, o venres 13 de abril.

A Galiña de Mos na feira do queixo do Cebreiro

O pasado 5 de abril, estivemos na feira do Queixo do Cebreiro, entre a neve. Os nosos dous criadores de Pedrafita do Cebreiro expuxeron as sùas galiñas con motivo da celebraciòn da festa deste gran produto galego. A feira foi un éxito, habendo gran cantidade de interesados na raza.



Lo autóctono sabe mejor


Interesante artículo publicado en el diario La Nueva España, de Asturias, sobre los productos autóctonos.

La Unión Europea se está planteando muy seriamente una apuesta muy firme para la próxima década por los productos locales y autóctonos.
Se puede consultar la noticia en el siguiente enlace: 

Gañador do I concurso de recetas Galo de Mos "Souto de Herville"

Como sabedes un criador da raza, a Granxa Soutodeherville, ven de facer un concurso de recetas de polo e galo no que participaron 31 blogueiros gastronómicos de toda España. O resultado final das votacións foi moi axustado e se presentaron recomendacións moi novedosas. Podedes seguir no seu blog máis información sobre os resultados do concurso.
Resultou gañadora unha receta de Polo á sal sobre torta de patacas e salsa de chocolate e café de Almudena Abalo de Vilagarcía de Arousa de Almudelicias.

En segundo lugar, enviada desde Madrid, quedou un apetitoso Galo de Mos estofado ao azafrán sobre puré de patacas galegas e berza; de José Romero de Romero y algo más.
En terceiro lugar unha receta que nos chega desde Tenerife, Polo en crumble de muesli,  de Isabel López, de Lamboadas de Samhain

Fotos da feira GandAgro

No seguinte enlace podedes ver as fotos da feira GandAgro celebrada en Silleda fai uns días. Alí asistimos con outras razas autóctonas galegas. Nas imaxes vese tamén a moitos dos nosos gandeiros co seu gando.
https://picasaweb.google.com/gandagro/GandAgro2012RazasAutoctonasDeGalicia

Unha galiña da raza Mos dun criador de Riotorto (Lugo) e un galo dun criador de Mos (Pontevedra) gañan o concurso GandAgro.


Silleda, 7 de marzo de 2012. O II Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro sábado na Feira Internacional de Galicia, acolleu o II Concurso-Exposición da Galiña de Mos, no cal participaron 60 exemplares desta raza en perigo de extinción pertencentes a 17 criadores de distintos puntos de Galicia.
A galiña gañadora foi un exemplar de Riotorto (Lugo), pertencente ao criador Luís Fernández Fernández, mentres que o galo que se fixo co primeiro premio foi un animal de Mos (Pontevedra), propiedade de Alejandro Collazo Casal. Os segundos premios acadáronos unha galiña da vila de Mos, de Manuel Rodríguez Alonso, e un galo de Carral (A Coruña), de José Manuel Rama García.
En canto aos terceiros postos, foron para unha galiña de Val do Dubra (A Coruña), propiedade de Mariña Grille Negreira; e un galo de Vilalba (Lugo), de Francisco Monasterio Solveira.
Os 60 animais participantes tamén forman parte dunha exposición centrada en todas as razas autóctonas de Galicia en Perigo de extinción, a cal conta co apoio dos fondos Feader. Nela pódense ver ademais 21 exemplares de bovino, 10 de ovella galega, 20 de cabra galega, 4 de porco celta e 5 de cabalo de pura raza galega.

Sábado 10 de marzo, derradeira charla informativa sobre a avicultura artesá

O vindeiro sábado 10 de marzo, na sala mirador do pavillón número 2 do recinto Feiral de Silleda, celebrarase a derradeira charla informativa sobre o novo decreto de avicultura artesá.
A partir do día 13 de marzo comezaremos a poñernos en contacto con todos os criadores interesados en rexistrar as súas explotacións, para facer os trámites.

Xornada Informativa no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Imaxe xornada informativa en Bembibre, Val do Dubra.