Viladecruces celebrou a súa festa do Galo de Curral.
O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebrou a súa XIX Festa do Galo de Curral.
Os exemplares da raza Mos tiveron un destacado papel, habendo unha fermosa mostra de exemplares, nas diferentes fases da súa crianza. Tamén houbo vendas de canais e unha degustación, todo nunha xornada festiva e animada.
XIX Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebra a XIX Festa do Galo de Curral. Nos últimos anos a Asociación de criadores do Galo de Curral de Viladecruces-O Agro, está apostando pola crianza do seu produto coa nosa raza autóctona de galiñas, abandonando a produción con galos industriais. Actualmente están completando o proceso produtivo incrementando o número de exemplares, para poder acadar no curto prazo a totalidade da produción a partir da raza Mos.
Con motivo da celebración desta festa de interés turístico de Galicia os criadores, en colaboración co Concello de Vila de Cruces, organizan no Recinto Feiral unha mostra de exemplares desde o ovo ao galo.
A nosa raza en Riotorto
O domingo 13 de maio celebrouse en Riotorto, provincia de Lugo, o mercado de primavera de produtos ecolóxicos e de tempada. Nos últimos anos este concello lucense organiza un mercado en cada estación do ano para os produtores locais. Unha vez máis o criador de Galiña de Mos e de Ovella Galega, Luis Fernández, asisitíu a este evento.
Comprar alimentos locales reduce el cambio climático
Una parte no desdeñable de la comida que llega a nuestros supermercados lo han hecho después de recorrer una media de 5.013 kilómetros y que su transporte en barco, camión, ferrocarril y, sobre todo, en barco genera emisiones de efecto invernadero que conducen al calentamiento global. El dato se recoge en un estudio presentado por la asociación Amigos da Terra que ha sido elaborado por el grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía de la Universidade de Vigo y por la Universidad de Sevilla.
Si queremos ayudar a mitigar el cambio climático y a mejorar la economía, compre alimentos procedentes de la agricultura y la ganadería local.
Fuente: La Voz de Galicia,
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/04/28/comprar-alimentos-locales-reduce-cambio-climatico/0003_201204G28P32991.htm
Fuente: La Voz de Galicia,
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/04/28/comprar-alimentos-locales-reduce-cambio-climatico/0003_201204G28P32991.htm
Ampliadas hasta el 6 de mayo las Jornadas gastronómicas del gallo de Mos en la parrillada Santa Comba, en Lugo
Debido al desbordante éxito de las Jornadas sobre el gallo de nuestra raza que organiza José Luis González, dueño de la parrillada Santa Comba (Santa Comba, Lugo), se amplían hasta el 6 de mayo.Las dos posibilidades que ofrecen para degustarlo son o bien el Menú Galo Mos, consistente en una sopa hecha con varias partes del gallo de Mos para comenzar y gallo guisado de plato principal, a un precio de 20 euros por persona (con sobremesa y café incluidos, pero sin bebida), o bien escoger alguna de las propuestas por separado en la carta. El gallo lo preparan al “estilo abuela”, en cazuela, cortado en trozos y acompañado de patatas asadas y pimientos, como se hacía antiguamente. El criador que los abastece es la granja Chousa do Lea, de Castro de Rei.
Xornadas Gastronómicas do Galo Mos na Parrillada Santa Comba, en Lugo
Do 17 ao 30 de abril, a Parrillada Santa Comba, situada en San Pedro de Santa Comba, no concello de Lugo, organiza en colaboración coa ganxa de avicultura artesá, Chousa do Lea, do criador da nosa raza José Zapata, de Castro de Rei, unha quincena gastronómica sobre o Galo Mos.
A Parrillada Santa Comba atópase ao carón de Lugo capital, cerca de Nadela, na estrada LU-546.
Animamos a todos a disfrutar dunha carne diferente.
A Parrillada Santa Comba atópase ao carón de Lugo capital, cerca de Nadela, na estrada LU-546.
Animamos a todos a disfrutar dunha carne diferente.
Conferencia sobre a Galiña de Mos no Centro de Interpretación das Fragas do Eume.
Debido á gran aceptación que están a ter as carnes da raza e apostando polos produtos autóctonos, os restaurantes da zona mostráronse moi interesados na introdución dos produtos da Galiña de Mos nos seus menús.
A xornada desenvolveuse no Centro de Interpretación das Fragas do Eume, o venres 13 de abril. A Galiña de Mos na feira do queixo do Cebreiro
O pasado 5 de abril, estivemos na feira do Queixo do Cebreiro, entre a neve. Os nosos dous criadores de Pedrafita do Cebreiro expuxeron as sùas galiñas con motivo da celebraciòn da festa deste gran produto galego. A feira foi un éxito, habendo gran cantidade de interesados na raza.

Lo autóctono sabe mejor
Interesante artículo publicado en el diario La Nueva España, de Asturias, sobre los productos autóctonos.
La Unión Europea se está planteando muy seriamente una apuesta muy firme para la próxima década por los productos locales y autóctonos.
Se puede consultar la noticia en el siguiente enlace:
Gañador do I concurso de recetas Galo de Mos "Souto de Herville"
Como sabedes un criador da raza, a Granxa Soutodeherville, ven de facer un concurso de recetas de polo e galo no que participaron 31 blogueiros gastronómicos de toda España. O resultado final das votacións foi moi axustado e se presentaron recomendacións moi novedosas. Podedes seguir no seu blog máis información sobre os resultados do concurso.
Resultou gañadora unha receta de Polo á sal sobre torta de patacas e salsa de chocolate e café de Almudena Abalo de Vilagarcía de Arousa de Almudelicias.
En segundo lugar, enviada desde Madrid, quedou un apetitoso Galo de Mos estofado ao azafrán sobre puré de patacas galegas e berza; de José Romero de Romero y algo más.
En terceiro lugar unha receta que nos chega desde Tenerife, Polo en crumble de muesli, de Isabel López, de Lamboadas de Samhain
Fotos da feira GandAgro
No seguinte enlace podedes ver as fotos da feira GandAgro celebrada en Silleda fai uns días. Alí asistimos con outras razas autóctonas galegas. Nas imaxes vese tamén a moitos dos nosos gandeiros co seu gando.
https://picasaweb.google.com/gandagro/GandAgro2012RazasAutoctonasDeGalicia
https://picasaweb.google.com/gandagro/GandAgro2012RazasAutoctonasDeGalicia
Unha galiña da raza Mos dun criador de Riotorto (Lugo) e un galo dun criador de Mos (Pontevedra) gañan o concurso GandAgro.
Silleda, 7 de marzo de 2012. O II Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro sábado na Feira Internacional de Galicia, acolleu o II Concurso-Exposición da Galiña de Mos, no cal participaron 60 exemplares desta raza en perigo de extinción pertencentes a 17 criadores de distintos puntos de Galicia.
A galiña gañadora foi un exemplar de Riotorto (Lugo), pertencente ao criador Luís Fernández Fernández, mentres que o galo que se fixo co primeiro premio foi un animal de Mos (Pontevedra), propiedade de Alejandro Collazo Casal. Os segundos premios acadáronos unha galiña da vila de Mos, de Manuel Rodríguez Alonso, e un galo de Carral (A Coruña), de José Manuel Rama García.
En canto aos terceiros postos, foron para unha galiña de Val do Dubra (A Coruña), propiedade de Mariña Grille Negreira; e un galo de Vilalba (Lugo), de Francisco Monasterio Solveira.
Os 60 animais participantes tamén forman parte dunha exposición centrada en todas as razas autóctonas de Galicia en Perigo de extinción, a cal conta co apoio dos fondos Feader. Nela pódense ver ademais 21 exemplares de bovino, 10 de ovella galega, 20 de cabra galega, 4 de porco celta e 5 de cabalo de pura raza galega.
Sábado 10 de marzo, derradeira charla informativa sobre a avicultura artesá
O vindeiro sábado 10 de marzo, na sala mirador do pavillón número 2 do recinto Feiral de Silleda, celebrarase a derradeira charla informativa sobre o novo decreto de avicultura artesá.
A partir do día 13 de marzo comezaremos a poñernos en contacto con todos os criadores interesados en rexistrar as súas explotacións, para facer os trámites.
Xornada Informativa no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Imaxe xornada informativa en Bembibre, Val do Dubra.
Xornadas Informativas sobre a avicultura artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa.
Recentemente a administración galega publicou unha norma sobre as producións avícolas artesanais. Esta era unha normativa amplamente demandada pola nosa organización, xa que as lexislacións que existían ata o momento, imposibilitaban a comercialización dunha maneira “legal” das producións das granxas de galiñas cun sistema que se aparta do industrial.
Este marco normativo que permite legalizar as granxas, afectará soamente a aqueles que comercialicen os produtos (ovos, carne ou polos vivos). En ningún caso afecta a quen ten as galiñas para autoconsumo. Desta maneira abrese a posibilidade dunha comercialización regulada debendo de cumprir unha serie de requisitos, especialmente sanitarios. Para explicar a todos os interesados esta nova iniciativa convocamos unha serie de reunións nas catro provincias, podendo asistir cada un á que mellor lle conveña.
“A avicultura artesá na raza Galiña de Mos. Aplicación da nova normativa”
DATA | HORA | LUGAR |
29 de febrero (mércores) | 16.00 horas | Pazo de Fontefiz, Concello de Coles, Ourense. (Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia). |
1 de marzo (xoves) | 16.00 horas | Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. (Recinto Feiral O Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI). |
2 de marzo (venres) | 16.00 horas | Casa da Cultura, Rúa Arcai 28, Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia A Coruña. |
10 de marzo (sábado) | 15.30 horas | Sala Mirador do Pavillón nº 2, Recinto da Feira Internacional de Galicia, Silleda, Pontevedra. |
II Concurso-Esposición da raza Galiña de Mos GandAgro 2012
Do 8 ao 10 de marzo deste ano vaise celebrar o II SALÓN MONOGRÁFICO GANDEIRO E AGRÍCOLA – GANDAGRO 2012, no recinto Feiral de Silleda, un evento que se celebra cada dous anos. Nesta mostra farase o II CONCURSO – EXPOSICIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS – GANDAGRO 2012.
As aves estarán instaladas no pavillón 2 da feira. Animamos a todo o mundo a que pase a visitar este concurso, no que esperamos un alto nivel de participación dos exemplares.
Temos INVITACIÓNS PROFESIONAIS, todos os que as desexen que nolas soliciten e llas enviaremos.
As aves estarán instaladas no pavillón 2 da feira. Animamos a todo o mundo a que pase a visitar este concurso, no que esperamos un alto nivel de participación dos exemplares.
Temos INVITACIÓNS PROFESIONAIS, todos os que as desexen que nolas soliciten e llas enviaremos.
Más de 9 millones de italianos compran directamente del productor
En el diario el confidencial aparece una noticia sobre la escasa penetración que tienen las marcas blancas en el país transalpino. Esto es debido a que crecen alternativas a nivel local de distribución directamente del agricultor"
"Más de 9 millones de italianos compran directamente del productor, ya sea a través de mercados de agricultores en las poblaciones o bien a través de listas de distribución a través de Internet"...
Eso es tener conciencia por sus productos y productores.
http://www.elconfidencial.com/opinion/todos-los-caminos-llevan-a-roma/2012/02/26/mercadona-en-italia-no-es-un-pais-para-marcas-blancas-8784/
"Más de 9 millones de italianos compran directamente del productor, ya sea a través de mercados de agricultores en las poblaciones o bien a través de listas de distribución a través de Internet"...
Eso es tener conciencia por sus productos y productores.
http://www.elconfidencial.com/opinion/todos-los-caminos-llevan-a-roma/2012/02/26/mercadona-en-italia-no-es-un-pais-para-marcas-blancas-8784/
A UE destaca a importancia de incidir nunha gandería sustentable
O director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o galego José Manuel Silva, alertou sobre a nova reforma da PAC, que entrará en 2014, que a gandería, especialmente a galega, debe tender cara a un desenvolvemento sustentable, cun axeitado aproveitamento das terras, xa que o gando galego ten "un problema de seguridade alimentaria terrible". Ademáis di que se está a observar que en determinadas producións sucede que "canto máis produce máis perde".
Parece que en Galicia temos un importante problema de abastecemento de alimentos para o noso gando e debido a que cada vez son máis caros e como os temos que importar, a excesiva industrialización das producións, está a producir un afogamento de moitas granxas con altas producións... pero tamén cuns altísimos custes.
De aí que temos que incidir en tentar de buscar cada vez máis, autoabastecer aos nosos animais con alimentos da nosa propia explotación para abaratar os custes de produción. Este é o fundamento principal da produción de avicultura artesá que se está a facer desde a Galiña de Mos.
Unha fórmula moi sinxela a ter sempre presente: Ingresos-gastos =beneficio
A familia de Amancio Ortega e a súa filla Marta teñen Galiña de Mos
Chéganos unha información dos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña na que fala dun Pazo que posúen os tíos de Marta Ortega no concello de Toques, que é moi frecuentado polos Ortega. Nel vai vivir Carlos Mato, o Director Xeral de Zara España. como teñen galiñas autóctonas.... teñen a Galiña de Mos.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/02/16/refugio-secreto-ortega/624200.html
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/02/16/refugio-ortega-toques/580992.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/02/16/refugio-secreto-ortega/624200.html
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/02/16/refugio-ortega-toques/580992.html
Estivemos no Xantar 2012
Na feira Xantar 2012 celebrada en Ourense do 1 ao 5 de febreiro, estivemos no stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia - BOAGA.
O venres día 3 o cociñeiro Flavio Morganti fixo unha demostración de cociña moi concurrida. Elaborou diversos pratos coas razas autóctonas galegas de vacas, coa Ovella Galega e coa Galiña de Mos. Entre outros fixo unhas excelentes hamburguesas de galo Mos, o galo ao viño Mencía e unha sopa de Galiña de Mos con uva Treixadura, todo riquísimo.
Os productos de calidade cos grandes da cociña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)



