Estivemos en Silleda
II MOSTRA DE GANDO DO PAIS. Bretoña, A Pastoriza, Lugo.
Entradas para Silleda
Temos entradas para todos os interesados polo que aqueles que as queiran que chamen á asociación para solicitalas.
Máis información sobre a feira aquí.
VILADECRUCES APOSTA POLA GALIÑA DE MOS
O 31 de maio celebrouse a XVI edición da Festa do Galo de Curral, organizando Avimós e a asociación de produtores do galo de curral de viladecruces unha fermosa exposición de Galiña de Mos. Tamén houbo degustación e venda de exemplares recibíndose nesta xornada festiva máis de 10.000 visitantes.
A Galiña de Mos no mercado estacional de Riotorto.
Xornadas gastronómicas Galo Mos

Imparable incremento no número de visitas da páxina de avimós.
Nos últimos meses estanse a disparar o número de visitas á páxina da Galiña de Mos en www.avimos.org mostra do crecente interés que se está a ter pola raza. Nestes meses estánse a alcanzar as 3.500 visitas mensuais (que son moitas) tendo unha media de máis de 110 visitas diarias.A continuación podemos ver un gráfico
que nos ofrece o noso servidor sobre as estadísticas web desde o mes de maio do pasado ano.Podedes comprobar que doblamos o número de visitas en comparación aos meses de finais do 2006 e 2007 como xa analizamos aquí
Notas informativas sobre a Galiña de Mos
Feira en Mos
1º premio-galo propiedade de Alvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Edmundo Novoa, de Lugo.
3º premio - galo propiedade de Ramón Monasterio, de Vilalba, Lugo.
Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
3º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
A feira estivo visitada por numeroso público. O domingo 21, vendéronse numerosos animais, sumando más de 50 galos e outras tantas galiñas.
Estivemos na Feira Internacional Semana Verde de Galicia.
En representación da Galiña de Mos leváronse dous lotes de exemplares do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galcia.
Un criador de Galiña de Mos obtén o segundo premio da prestixiosa exposición avícola de Castropol.
Avimós participou no desfile de gando do San Froilán de Lugo.
Gran éxito da Monográfica




O Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural atenderon ás explicación do Presidente de Avimós.
Os vencedores foron na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Ramón. F. Sueiro, de Laracha, A Coruña
2º premio-galo propiedade de Alvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
3º premio - galo propiedade de Ramón Monasterio, de Vilalba, Lugo.
Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Juan Pernas, de Xermade, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º premio-galiña porpiedade de Carlos Durán, de Ferrol, Lugo.

O Conselleiro de Medio Rural e o Delegado en Lugo charlaron con varios dos criadores.
