No CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón naceron poliños.

O 12 de novembro naceron poliños da nosa raza no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, trala posta en marcha da incubadora 21 días atrás. Os alumnos do colexio disfrutaron coa visita dun galo, dunha galiña e dos poliños nacidos. Da gusto atoparse con profesoras como Pilar Saavedra, que realizou durante estas tres semanas experiencias cos seus alumnos, relacionadas co mundo da avicultura e desta maneira, que tomen contacto coa natureza.









No concurso de tapas de Lugo vai a nosa raza.

No concurso de tapas de Lugo, que se celebrou entre o 5 e 21 de novembro, participou unha tapa de Canelón de Polo Mos e bechamel trufada. Foi a aposta do restaurante Bulló Xantar.


A Galiña de Mos estivo en Xantar.

Este ano o Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, celebrouse do 3 ao 7 de novembro en Ourense. No restaurante da Federación de Raza Autóctonas de Galicia-BOAGA, estiveron presentes os produtos da nosa raza, que acompañaban o espectacular menú. 



De feira en Monterroso.

 O 1 de novembro a Galiña de Mos participou na Feira de Santos que se organiza no en Monterroso nesa data, desde tempos históricos. Alí estiveron os criadores da granxa MosUlloa con exposición e venda de exemplares e ovos.






A Galiña de Mos estivo de Feira na Veiga.

Os días 9 e 10 de outubro celebrouse unha Feira na Veiga, na provincia de Ourense, que tivo unha importante mostra gandeira. Alí estiveron expoñendo lotes das súas galiñas , o criador e criadoras Vicente Lameiro, do concello da Veiga, María Elisa Camino, do concello do Bolo e Ana Belén Losada de Granxa Artesanal "Os Chambras", do concello de Manzaneda.



Estivemos en Expolugo

O primeiro fin de semana de outubro, estivemos en Expolugo, onde se celebrou unha pequena mostra de razas autóctonas e presentacións de produto. Unha feira que debido ás restriccións, non puide ser do tamaño doutros anos. Esperamos a súa recuperación no futuro. Alí houbo unha mostra gandeira e demostracións de produto.






Colaboramos no concurso de tortillas de Semana Verde.

Na Feira Semana Verde de Galicia, colaboramos coa DOP Aceites de Baena, no Concurso Popular de tortillas. 11 participantes fixeron as súas tortillas de pataca con ovos de Galiña de Mos. María López Núñez de Aeiroá Galiña de Mos e Silvia Donsión de Avicultura artesanal Pitagudín, demostraron a súa experiencia, coa elaboración dunhas excelentes tortillas de pataca con ovos da nosa raza. Participou no xurado o presidente de Avimós Francisco J. Monasterio Solveira.







En Salimat estiveron varios criadores da nosa raza.

 No Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT, que se celebra con motivo da feira Semana Verde, participaron varios dos nosos criadores. Tamén houbo degustacións dos produtos da Galiñade Mos.











Rematou unha nova edición da Semana Verde.

 Nun ano complicado, rematamos unha Feira Internacional de Galicia moi existosa, vese que todo o mundo quere recuperar a normalidade.

Tivemos exposición da nosa raza, venda de aves vivas cos criadores Gonzalo Rodríguez Lamblín, Sandra López (de granxa Aeiroá) e Mari Luz Gómez (de granxa O Castiñeiro).







Do 3 ao 5 de setembro celébrase a Feira Internacional de Galicia Semana Verde.

 Este ano celébrase a Semana Verde nunha data diferente. Acolléndose a todos os protocolos sanitarios, a feira será do 3 ao 5 de setembro. Alí estaremos.